Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Información Itinerarios Formativos Convive+

Convive+ é un proxecto da Iniciativa comunitaria EQUAL, cofinanciado nun 75% polo Fondo Social Europeo, destinado a fomentar a creación de empresas, sobre todo de economía social.

Destinatarios/as

Persoas inmigrantes e emigrantes retornadas que residen nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Obxetivos

Impartir unha formación teórica e práctica que facilite a creación de empresas de economía social: autoemprego, cooperativas, sociedades laborais...

Itinerarios Formativos

Para que as persoas migrantes poidan poñer en práctica unha idea de negocio, xa se están organizando os dous primeiros itinerarios formativos de 120 horas de duración. Complementariamente, os e as participantes contarán co apoio de titores/as especializados que lles axudarán a elaborar o seu plan de empresa e a presentar unha solicitude de microcréditos.


Contidos
  • reforzamento do perfil emprendedor
  • vertente laboral, contable e organizativa da empresa
  • fórmulas de economía social

Número de itinerarios formativos

10 itinerarios formativos previstos, 6 cursos no ano 2006 e 4 cursos no ano 2007.

A cada curso asisten un máximo de 20 persoas e organízanse en localidades das provincias de A Coruña e Pontevedra, en función das necesidades detectadas entre o colectivo.

Axudas

De acordo cos orzamentos de Convive+, concédense axudas económicas de desprazamentos e/ou coidado de persoas dependentes, para os/as participantes que o precisen por insuficiencia de recursos.


Titorización Social

Os e as inmigrantes e emigrantes retornados en situación de vulnerabilidade que participen nos cursos, dispoñen dun/dunha titor/a que lles axudan a adquirir as habilidades sociais que lles permitan participar nestes.

¿Como anotarse?

O modelo de solicitude tamén está dispoñible en internet .

Selección

A Fundación Galicia Emigración citará aos/ás solicitantes previamente selecionados/as en función do seu perfil emprendedor para participar nunhas Xornadas nas que se procederá á selección final das persoas participantes en cada curso mediante unha entrevista social e laboral.

Todos/as os/as solicitantes que o desexen poderán obter información sobre o sistema ordinario de servizos sociais, emprego, etc. para que conten con apoios suficientes para acadar a súa integración.

Mais información

Poderá recadar maior información acudindo a calquera das entidades sociais do proxecto e neste mesmo portal GaliciaAberta.

Voltar