Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exteriorAxudas para a contratación de grupos de música, de teatro e outras manifestacións culturais |
Nome do programaPrograma 6 . Axudas para a contratación de grupos de música, de teatro e outras manifestacións culturais. Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da contratación por parte das entidades e centros galegos no exterior de grupos de música, de teatro e para a realización doutras actividades que contribúan a promover e difundir as distintas manifestacións representativas do patrimonio cultural de Galicia. ResoluciónResolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008. DestinatariosEntidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia nº 47, do 6 de marzo de 2008. Promovido porSecretaría Xeral de Emigración. Prazo de presentaciónAta o 21 de abril de 2008. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración Finalidade das axudas.
Prazo de execución e xustificaciónA acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2008. Contacto
Ano: 2008Información adicional:Consultar a resolución. |
| Notas importantes | [gl] | |
| Notas baseadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia | ||
| Guía para a presentación de solicitudes de subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior | [gl] | |
| Subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior para diversos programas de actuación | ||
| Anexos (versión online para imprimir) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Anexos | [gl] | |
| Todos os anexos da Resolución | ||
| Resolución do 25 de febreiro de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008. | ||