Novos cursos de creación de empresas de Convive+ |
|
O proxecto Convive+, liderado pola Secretaría Xeral de Emigración, continuando coa súa aposta pola inserción dos colectivos migrantes poñerá en marcha novos itinerarios formativos para a creación de empresas coas seguintes características: Destinatarios:Inmigrantes e emigrantes retornados/as. Datas de comezo e fin:Inicio o 10 de setembro de 2007 e fin o día 26 de setembro de 2007. Lugares de celebración:
Horarios
Duración:32 horas. Contidos:
Titorización:Para reforzar cada curso a Secretaría Xeral de Emigración complementará a formación teórica co apoio persoalizado de titores/as especializados/as, que axudarán ao alumnado a elaborar un plan de empresa e a presentar unha solicitude de microcrédito, de ser o caso. Finalmente, tan só destacar que está prevista a realización dun terceiro curso na provincia de Pontevedra, nunha localidade a determinar. Aquelas persoas migrantes que desexen poñer en marcha unha empresa e participar nos cursos de Convive+ deberán chamar aos teléfonos de coordinación do proxecto 981 957 180 (Belén) / 981 547 283 (Lucinda), ou enviar un correo electrónico ao enderezo convivemais@galiciaaberta.com. |