Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Se tes algunha dubida sobre este programa, envíanos a túa consulta

Axenda cultural. Música, arte, exposicións, creacións...

Obradoiro de Gaita tradicional galega

Programa ao que pertence:

Programa de escolas abertas presenciais 2008 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior

Este programa pretende promover a participación das comunidades galegas na nosa vida cultural e social, formando en Galicia a aqueles que colaboran nas entidades galegas do exterior en distintos programas e actividades culturais, sociais e técnicas.

Disposición:

Resolución do 21 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca o Programa de escolas abertas presenciais 2008 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior (DOGA Nº83, de 30 de abril de 2008).

Nome do curso / modalidade:

Escolas abertas de formación / Gaita tradicional galega.

Destinatarios:
  • Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro legalmente constituídas radicadas fóra de Galicia, inscritas no Directorio de Centros Galegos no Mundo da Secretaría Xeral de Emigración, que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.
  • As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e socias ou colaboradoras das devanditas entidades.
  • Por outra banda, no caso das escolas abertas de formación que se realizarán fóra de Galicia, poderanse reservar un número determinado de prazas para a participación nestes programas daqueles cidadáns galegos maiores de 18 anos residentes no exterior que acrediten un nivel suficiente de coñecemento para participar nelas e presenten unha recoñecida traxectoria na difusión da música tradicional galega na súa comunidade autónoma ou país de residencia (Solicitude Anexo II).
Programa:
    Nivel intermedio
  • Instrumentos populares de Galicia: coñecemento e identificación xeral.
  • A gaita galega: descrición, mantemento e coidados.
  • Iniciación á afinación do punteiro. Descrición do pallón. Afinación do ronco e prácticas con el.
  • Técnica instrumental básica.

    Nivel avanzado
  • Afinación da gaita galega e manipulación de todos os seus compoñentes sonoros.
  • Técnica aplicada e técnica preventiva do instrumento con exercicios ad hoc.
  • Audicións (actuais e históricas) e bibliografía comentadas.
  • Breves nocións de todo tipo de percusión galega.
  • Traballo específico de repertorio (estética, estilo…).

Organizador:

Secretaría Xeral de Emigración

Quen o imparte:

Profesorado especializado

Onde se imparte:
    Nivel intermedio
  • Santiago de Compostela
  • Bos Aires (Arxentina)
  • Montevideo (Uruguai)
  • Caracas (Venezuela)

    Nivel avanzado
  • Santiago de Compostela

Nota informativa

No caso do obradoiro de especialización de gaita tradicional galega (nivel avanzado), o alumno debe enviar, xunto con toda esta documentación, unha gravación en soporte dixital (CD, MP3...) cun tema gravado por el mesmo que non exceda os 4 minutos. O tema estará gravado só con gaita, sen ningún outro instrumento acompañando á gaita solista

Cando:

Primeira quincena de xullo

Ano

2008

Prazas:

Non superior a 20.

Prazo de presentación:

Ata o 30 de maio.

Lugar de presentación:

Secretaría Xeral de Emigración

Duración e horario:

As clases serán de formación intensiva, terán unha duración mínima de 40 horas lectivas teórico-prácticas e serán de carácter participativo

Seguimento e control:
  • A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegurar o cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.
Custo:

A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo dos seguintes custos:

  • Gastos necesarios para o desenvolvemento dos obradoiros programados dentro das Escolas Abertas 2008, agás aqueles que deriven dos que se realicen en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia que serán asumidos por esta entidade en virtude do convenio de colaboración asinado entre as dúas partes.
  • Do custo da estadía de todos os participantes e da viaxe dos procedentes de fóra de España e Portugal desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia e ao lugar de impartición dos obradoiros.
  • Os participantes que residan en España e Portugal recibirán unha axuda de custo para a viaxe en función da distancia entre o seu lugar de residencia e Santiago de Compostela.
  • Salvo manifestación en contra das persoas beneficiarias, a Secretaría Xeral de Emigración xestionará a estadía e, de ser o caso, o desprazamento dos beneficiarios dos programas.
Contacto:
  • Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
    Secretaría Xeral de Emigración (Xunta de Galicia)
    Basquiños, nº 2
    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15704 (España)
    Tel. 981 957162-981957159
    Fax: 981 957399
    E-mail: entidadesgalegas@xunta.es.
Información adicional:

Datas e lugares

Santiago de Compostela
  • Días: 7-16 de xullo
  • Lugar: Seminario Maior. Praza da Inmaculada, 5 - 15704 Santiago de Compostela

Bos Aires (Arxentina)
  • Días: 7-12 de xullo
  • Duración: 40 horas lectivas.
  • Modalidades e lugares onde se impartirán:
    • Formación do voluntariado social: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires ( 25 de Mayo 555)
    • Gaita tradicional galega: Asociación Galega Residentes de Mos (Humberto Primo, nº 3051)
    • Baile tradicional galego: Fillos de Arentei e Centro Vilamarín Peroxán (Moreno, 3281)

Montevideo (Uruguai)
  • Días: 14-19 de xullo
  • Duración: 40 horas lectivas
  • Modalidades e lugares onde se impartirán:
    • Formación do voluntariado social: Casa Galicia de Montevideo (18 de julio 1471 B)
    • Gaita tradicional galega: Centro Social, Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor (Julio César, 1431)
    • Baile tradicional galego: Centro Ourensano (Ana Monterroso de La Valleja, 2014)

Caracas (Venezuela)
  • Días: 7-12 de xullo
  • Duración: 40 horas lectivas
  • Modalidades e lugares onde se impartirán:
    • Gaita tradicional galega: Hermandad Gallega de Venezuela (Av. Principal Maripérez con Av. Andrés Bello)

Corrección de erros: no Anexo II da Convocatoria de Escolas Abertas publicado no DOG o 30/04/08 na modalidade de baile tradicional galego onde di as cidades de “Bos Aires e Caracas” debe figurar unicamente a cidade de “Bos Aires”.


El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 21 de abril de 2008 [gl]
Resolución do 21 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca o Programa de escolas abertas presenciais 2008 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior.
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
Anexos do programa: Programa de escolas abertas presenciais 2008