Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Formularios e trámites de interese

Que é GaliciaAberta?

É o espazo de referencia en Internet para os cidadáns galegos que residen no exterior, os cidadáns inmigrantes que se asentan en Galicia e aqueles que retornaron ou se atopan inmersos no proceso de retorno. Ante todo é un proxecto de carácter dinamizador e vertebrador, en tanto en canto as TIC (Tecnoloxías da Información e das Comunicacións) nos sirven de cauce para entablar novas formas de relación entre a administración e os colectivos mencionados.

A quen vai dirixido o proxecto?

Os principais destinatarios da iniciativa son emigrantes galegos e os seus descendentes, retornados e inmigrantes.

Que ofrece GaliciaAberta?

  • Un espazo de información, onde se poida ter acceso a toda a actualidade sobre os movementos migratorios (centros galegos, asociacións de retornados e inmigrantes, novas, eventos, vida cultural no exterior, programas, axudas, etc.)
  • Un espazo de opinión, a través do que as entidades mencionadas poidan transmitirlle á súa administración todo o que consideren do seu máximo interese. Desta forma, os programas a desenvolver poderán adaptarse máis eficazmente ás necesidades reais detectadas no eido dos movementos migratorios.
  • Un espazo de transacción, polo que se achegan ferramentas e servizos de valor engadido cos que optimizar a presencia en Internet de emigrantes, inmigrantes e retornados. Unido a isto existe un amplo elenco de ferramentas de comunidade, como foros, enquisas, taboleiro, novas, boletíns, correo electrónico...Sen obviar outros servizos de valor como a posibilidade de buscar a amigos ou familiares cos que se perdeu o contacto a través do servizo "Raíces".
  • Un espazo de difusión, que permita levar a galeguidade e o máis representativo da mesma a todos os rencóns do mundo, converténdose nunha das máis grandes comunidades virtuais da rede.

Que organismo está detrás desta iniciativa?

A Secretaría Xeral de Emigración, como unidade responsable, dentro da administración autonómica galega, de definir, diseñar e exectuar as políticas a levar a cabo cos movementos migratorios.

Queres saber algo máis?

Contacta con nós a través de calquera dos seguintes medios:

Consulta a estrutura orgánica detallada da Secretaría Xeral de Emigración.