VolverÁ terra |
Nome de programaVolver – Á terra CaracterísticasOs beneficiarios estarán durante un período máximo de 14 días, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia xestionado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra. Rematada esta estadía, poderán permanecer cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro gasto derivado da súa estadía. ResoluciónResolución do 9 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior, durante o ano 2008. DestinatariosAs persoas que cumpran os seguintes requisitos:
ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia do 16 de abril de 2008 PrazoAta o 16 de maio Promovido porSecretaría Xeral de Emigración. Tipo de axudaA Secretaría Xeral de Emigración farase cargo da viaxe dos beneficiarios desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral en Iberoamérica ata o lugar de destino designado en Galicia. A Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar colaborará neste programa poñendo todos os servizos de aloxamento e manutención durante o período de estadía na residencia de tempo libre. Será por conta dos participantes o período de estadía durante a permanencia cos seus familiares en Galicia, unha vez rematada a estadía no establecemento residencial, ata completar un período máximo de 3 meses. Contacto
Ano2008 Información adicionalConsultar resolución |
| Anexo III | [gl] | |
| Base de cálculo da prestación económica por ancianidade para o ano 2008 establecida polo estado español para países americanos | ||
| Anexos | [gl] | |
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada. | ||
| Resolución do 9 de abril de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 9 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior, durante o ano 2008. | ||