Subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes – 2008 |
ProgramaNas políticas de inmigración e retorno a inserción laboral é un factor clave de integración social das persoas inmigrantes e retornadas. Neste eido, a formación ligada ao emprego é unha ferramenta especialmente eficaz para acadar dito obxectivo, nesta consideración, no ano 2008 dáse continuidade á orientación dada no exercicio anterior aos programas de integración laboral, centrada no apoio a proxectos formativos con impacto no mercado de traballo. ResoluciónResolución do 4 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria. DestinatariosOrganizacións empresariais, profesionais e sindicais, así como as entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade instituída por norma estatutaria ou regulamentaria o desenvolvemento de actividades de integración laboral que abranga ao colectivo de persoas retornadas e inmigrantes. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia núm 51, do 12 de marzo de 2008 Prazo de presentaciónAta o 14 de abril de 2008 Accións subvencionablesSerán subvencionables a través desta convocatoria as accións formativas que teñan unha clara conexión co emprego dirixidas, exclusiva ou conxuntamente, a persoas retornadas e inmigrantes, e que consistan na realización de cursos de formación para a mellora da cualificación profesional e da empregabilidade que contemplen obxectivos cuantitativos de inserción laboral en ocupacións relacionadas coa formación impartida. O importe máximo da subvención será de trinta mil euros (30.000,00 €) por entidade beneficiaria e, en ningún caso, poderá acadar o 100% do custo total da actividade subvencionada. Contacto
Ano 2008Información adicionalConsultar resolución |
| Anexos | [gl] | |
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Resolución do 4 de marzo de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 4 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria. | ||