Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Programa de inserción laboral

Formación con compromiso de contratación

As principias características de este programa, que desenvolve a Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Fundación Galicia Emigración, son as seguintes:

Destinatarios

Emigrantes retornados, familiares o seu cargo e inmigrantes.

Descrición

O obxectivo de estes cursos é a formación teórico-práctica dos seus destinatarios a través de diversas empresas de implantación nacional. Tras un período de formación existe un compromiso de contratación, por parte das empresas colaboradoras, de contratar a un 40 % dos participantes.

Os sectores de actividade nos que se desenvolveron convocatorias deste programa foron a distribución alimentaria, a automoción e a prestación de servizos sociosanitarios a persoas maiores; para postos de traballo de preparador de plataforma de alimentación, confeccionador de bolsas, técnico de cataforeses, auxiliar de enfermería en xeriatría, xestor de almacén-repoñedor e caixeiros de supermercados.

Organiza

Secretaría Xeral de Emigración, en colaboración coa Fundación Galicia Emigración.

Entidade que o imparte

Fundación Galicia Emigración.

Colaboracións

As diferentes empresas do Padroado e as empresas colaboradores de implantación nacional que asinan un convenio coa fundación Galicia Emigración.

Onde se imparte

En diferentes puntos da Comunidade Autónoma Galega.

Prazas

Varían en función de cada curso.

Lugar de presentación

Fundación Galicia Emigración.
Rª/ Campo do Forno, nº 1, Santiago de Compostela – A CORUÑA

Custo

Gratuíto

Subscrición

Fundación Galicia Emigración

Teléfono de contacto

981 95 73 53

+ información

Bolsa de Emprego

A Secretaría Xeral de Emigración, en colaboración coa Fundación Galicia Emigración, xestiona unha bolsa de traballo, un servizo de intermediación laboral creado co obxectivo de poñer en contacto a quen necesita persoal cos demandantes de emprego pertencentes aos colectivos de emigrantes retornados e de inmigrantes con autorización para traballar no noso país. Tamén, a través da opción “Oferta en orixe”, se ofrece a posibilidade de seleccionar e contratar noutros países a persoas que estean interesadas en traballar en España. Este servizo da fundación está xestionado por CIMO, entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que conta coa experiencia de máis de dez anos na intermediación laboral e na selección de persoal.

CIMO ten en funcionamento tamén, desde o ano 2002, o Portal Galego do Emprego

Demandantes de emprego

Voltar