Traballadores |
Terán dereito á asistencia sanitaria aquelas persoas que: a. Cumpran os requisitos necesarios para poder optar ao Subsidio de Emigrante Retornado (mentras perciban o mesmo)b. Veñan dun país do Espazo Económico Europeo, con dereito á prestación por desemprego.Deberán traer do país de procedencia o formulario que lles da dereito a exportar a España a prestación de desemprego (formulario E-301), que presentaran a súa chegada nas oficinas do Servizo Público de Emprego. Para ter dereito á asistencia sanitaria deberán aportar a Tarxeta Sanitaria Europea ou o Certificado Provisional Sustitutivo, salvo que procedan de países que se atopen en período transitorio (que como máximo abrangue ata o 31/12/2005) que virán provistos dun formulario E-111. c. Desenvolvan a súa actividade nun país estranxeiro co que non exista Convenio de reciprocidade en materia de Asistencia Sanitaria da Seguridade Social.Neste caso, poderán suscribir un Convenio Especial de Asistencia Sanitaria (Decreto 1075/70), a través do cal os titulares e os seus familiares nos seus desprazamentos a España, así como os seus familiares ou asimilados residentes en España, gozarán da asistencia sanitaria por enfermidade común, accidente non laboral e maternidade. Este convenio tramitarase a través das Áreas de Traballo e Asuntos Sociais - Sección de Emigración-, ou ben nas Embaixadas e Consulados do país de residencia. d. Foran traballadores en SuizaO acordo sobre a libre circulación de persoas entre a Comunidade Europea e os seus Estados Membros, por unha parte, e a Confederación Suiza, por outra (que entrou en vigor o 01/06/2002), supuxo a modificación do dereito á asistencia sanitaria dos traballadores e pensionistas de Suiza, cando regresen a España. A partir do 1 de xuño de 2002, como consecuencia da aplicación dos Regulamentos Comunitarios aos cidadáns españois e suizos, nos seus desprazamentos por Europa, a coordinación do dereito á asistencia sanitaria farase atendendo ao disposto en ditos regulamentos, debendo proverse do correspondente formulario de dereito. Hai que precisar que, tendo en conta as disposicións das normas bilaterais que foron reservadas e as modalidades da lexislación suiza, convén facer algunhas precisións relativas a esta prestación, xa que algúns colectivos poden quedar exentos de afiliación obrigatoria ao Seguro de Enfermidade Suízo:
|