DNI |
É o documento público que acredita a auténtica personalidade do seu titular, constituíndo o xustificante completo da súa identidade. Salvo proba en contrario, serve para acreditar a nacionalidade española do seu titular e os datos persoais que consigna. Todos os españois teñen dereito a obter o DNI desde o momento da súa inscrición no Rexistro Civil. Os maiores de 14 anos están obrigados a posuílo, custodialo e conservalo. Só se pode tramitar nas Oficinas do DNI en España. Os españois residentes no estranxeiro obterano en España, necesitando para isto un certificado da Oficina Consular que acredite o lugar de residencia no estranxeiro. O DNI remitirase á Oficina Consular do lugar onde resida o solicitante, e só poderá ser entregado ao mesmo persoalmente. Cando os españois residentes no estranxeiro retornen definitivamente a España, deberán renovar o seu DNI para que conste, en lugar do domicilio no estranxeiro, o do seu empadroamento no noso país. Tramitación do DNIa) Primeira expedición:
b) Renovación:- Por caducidade:
- Por extravío, substracción ou deterioro:
- Por cambio de datos de filiación ou de domicilio:
|