Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Voto dos cidadáns noruegueses residentes en España nas eleccións do 27 de maio de 2007

Os cidadáns noruegueses/as residentes en territorio español, teñen recoñecido o dereito ao voto nas eleccións municipais que se celebren en España, en base ao Acordo entre Noruega e España, realizado o día 9 de febreiro de 1990, que tamén recoñece o dereito ao voto nas eleccións municipais aos españois residentes en Noruega.

O requisito indispensable para votar nas eleccións do 27 de maio de 2007, é o de figurar nas listas electorais. Para isto é preciso estar inscrito no censo electoral de noruegueses/as, que se formará só para estas eleccións, ademais de cumprir co requisito de ser maior de idade o día da votación.

As condicións para figurar no censo electoral de noruegueses/as son:

  1. Estar en posesión da correspondente tarxeta de residencia.
  2. Haber residido en España, de forma legal e ininterrompida, máis de tres anos.
  3. Estar inscritos no Padrón do municipio no que residan habitualmente.

Como inscribirse no Censo Electoral

Para inscribirse no censo electoral, os/as cidadáns noruegueses/as residentes en España, deben presentar unha solicitude no Padrón municipal do concello no que figuren inscritos. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 15 de xaneiro e remata o día 15 de febreiro de 2007.

Nota importante: ampliación do prazo de presentación de solicitudes ata o día 28 de febreiro.

A Oficina do Censo Electoral, enviará a todas as persoas de orixe noruegués residentes en España, que figuren inscritos nos Padróns municipais o 31 de outubro de 2006, e que reúnan as condicións para poder votar nas eleccións municipais, información sobre as condicións para votar e os trámites a realizar. Nesta comunicación, irá incluído o impreso de solicitude, xa cumprimentado cos datos do Padrón, para que o firmen e o remitan á Delegación da Oficina do Censo Electoral.

Recomendacións aos cidadáns noruegueses

  1. Inscríbase no Padrón do municipio no que resida habitualmente, se vostede aínda non está inscrito. Para calquera dúbida pode consultar no seu concello.
  2. Debe ter a súa tarxeta de residencia ou ben o resgardo de tela solicitada.

Normativa:

Acordo entre España y Noruega, recoñecendo o dereito a votar nas Eleccións Municipais aos nacionais noruegueses/as en España e aos españois en Noruega, realizado en Madrid el 6 de febreiro de 1990. (BOE do 27 de xuño de 1991). Consultar Canje de cartas

Voltar