Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exteriorProxectos promovidos pola xuventude |
Nome do programaPrograma 4 . Axudas para a realización de proxectos promovidos pola xuventude. Este programa ten por obxecto implicar e facer partícipe a xuventude vinculada aos colectivos de galegos residentes no exterior na realización de proxectos creativos, formativos, de participación e de intercambio cultural que fomenten a integración dos mozos e mozas nas estruturas orgánicas das entidades galegas no exterior, garantindo deste xeito a renovación xeracional. ResoluciónResolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008. DestinatariosEntidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. As ditas entidades deberán contar cunha sección ou comisión xuvenil legalmente constituída nos seus órganos de goberno ou ben dispoñer dun grupo de mozos constituído para o efecto, capaces de xestionar e desenvolver algunha das finalidades obxecto de subvención. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia nº47, do 6 de marzo de 2008. Promovido porSecretaría Xeral de Emigración. Prazo de presentaciónAta o 21 de abril de 2008. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración. Finalidade das axudas.
Prazo de execución e xustificaciónA acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2008. Contacto
Ano2008 Información adicional:Consultar a resolución. |
| Notas importantes | [gl] | |
| Notas baseadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia | ||
| Guía para a presentación de solicitudes de subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior | [gl] | |
| Subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior para diversos programas de actuación | ||
| Anexos (versión online para imprimir) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Anexos | [gl] | |
| Todos os anexos da Resolución | ||
| Resolución do 25 de febreiro de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008. | ||