Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Programas formativos e de fortalecemento dos vínculos sociais da Galicia emigrante coa Galicia territorial para residentes no exterior, durante o ano 2007

A Secretaría Xeral de Emigración, centro directivo que segundo o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, depende funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o órgano ao que lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, e as relacións coas comunidades galegas no exterior, en virtude do disposto no Decreto 44/2006, do 2 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral de Emigración convoca uns programas formativos e culturais consistentes na realización de cursos de folclore tradicional e cociña galega, que contribúan ao coñecemento das nosas tradicións e a dinamizar a vida das entidades galegas no exterior e así mesmo a afondar na formación do seu capital
humano, en especial da xuventude.

Resolución:

Resolución do 10 de agosto de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan distintos programas formativos e de fortalecemento dos vínculos sociais da Galicia emigrante coa Galicia territorial para residentes no exterior, durante o ano 2007

Modalidades:
  • a) Programa de danza e música tradicional galega. Este programa constará das seguintes modalidades:
    -Cursos de baile.
    -Cursos de gaita.
    -Cursos de percusión.
    -Cursos de pandeireta e canto.
  • b) Programa de cociña tradicional galega

Bases para os cursos de danza e música tradicional galega

Destinatarios:

Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador. ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles. Os cursos están dirixidos ás entidades galegas que teñan grupo folclórico.

Duración e horario:

Terán unha duración de 15 días intensivos e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes cun mínimo de 30 horas.

Nº participantes:

Agás en casos excepcionais debidamente xustificados, o número de participantes non será inferior a 15 alumnos.

Lugar e datas onde se imparte:

Nas instalacións das entidades galegas. Nas datas establecidas pola Secretaría Xeral de Emigración.


Bases para a convocatoria de cociña tradicional galega

Destinatarios:

Poderán solicitar os cursos de cociña galega as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles.

Duración e horario:

Terán unha duración máxima de dúas semanas e ata 40 horas semanais.

Nº participantes:

Agás en casos excepcionais debidamente xustificados, o número de participantes non será inferior a 20 alumnos por curso.

Lugar e datas onde se imparte:

Nas instalacións das entidades galegas. Nas datas establecidas pola Secretaría Xeral de Emigración.

 

Características comúns a ambos programas

Organizador:

Secretaría Xeral de Emigración

Quen o imparte:

Profesionais con experiencia nas distintas modalidades enviados pola Secretaría Xeral de Emigración.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

Remata o 21 de setembro de 2007. As entidades galegas presentarán as solicitudes xunto co resto da documentación na Secretaría Xeral de Emigración (rúa Os Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela-A Coruña), ou ben en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Custo:

A Secretaria Xeral de Emigración farase cargo: da contratación e do custo do desprazamento do profesorado ao lugar de realización do curso, do custo do material necesario para a impartición dos cursos de cociña e, se é o caso, do seu envío. As entidades galegas faranse cargo: con carácter ordinario, dos gastos de estadía e manutención do profesorado, da xestión e dotación das instalacións axeitadas e da subministración doutro material funxible.
necesario.

Ano: 2007
Contacto:
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Servizo de Atención Social aos Emigrantes
    Teléfonos: 981.545.880 - 981.547.269
    Fax: 981.957.055
    e-mail: accion.social.emigracion@xunta.es

Observacións:

Para información adicional consultar resolución


El tipo mime del documento es: application/pdfCursos de baile - Modelo da solicitude para cubrir on line [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación imprimir o documento coa información cumprimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfCursos de cociña - Modelo da solicitude para cubrir on line [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación imprimir o documento coa información cumprimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfCursos de cociña tradicional galega - Modelo de solicitude para imprimir (65 Kb) [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfCursos de danza e música tradicional galega - Modelo de solicitude para imprimir (50 Kb) [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfPrograma de cociña tradicional galega - Ano 2007 [gl]
Relación de Cursos Concedidos
El tipo mime del documento es: application/pdfPrograma de Danza e Música tradicional galega - ano 2007 [gl]
Relación de cursos concedidos
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 10 de agosto de 2007 da Secretaría Xeral de Emigración (130 Kb) [gl]
Resolución do 10 de agosto de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan distintos programas formativos e de fortalecemento dos vínculos sociais da Galicia emigrante coa Galicia territorial para residentes no exterior, durante o ano 2007