Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior

Edición de libros, publicación de revistas e outras accións de carácter informativo

Nome do programa

Programa 3 . Axudas para a edición de libros, publicación de revistas e outras accións de carácter informativo.

Este programa ten por obxecto fomentar e potenciar a dinámica cultural dos centros e comunidades galegas no exterior a través da edición de libros, publicación de revistas de carácter periódico, realización de programas de radio e televisión así como outras accións que contribúan a un mellor coñecemento da realidade e difusión da imaxe de Galicia nos lugares de asentamento das comunidades galegas residentes no exterior.

Resolución

Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.

Destinatarios

Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia nº47, do 6 de marzo de 2008.

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración.

Prazo de presentación

Ata o 21 de abril de 2008. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Finalidade das axudas.
  • A edición e difusión de libros e publicación de revistas periódicas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese xeral, así como á realización por parte das entidades galegas de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega.
  • Promover a conexión das entidades galegas á internet de alta velocidade e uso do correo electrónico.
  • Fomentar a conexión das entidades galegas ás novas canles de acceso ás televisións galega e española.
Prazo de execución e xustificación

A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2008.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Rúa Basquiños nº 2. C.P.: 15704
    Santiago de Compostela - A Coruña
Ano

2008

Información adicional:

Consultar a resolución.

Guía do Cidadán



El tipo mime del documento es: application/pdfNotas importantes [gl]
Notas baseadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
El tipo mime del documento es: application/pdfGuía para a presentación de solicitudes de subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior [gl]
Subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior para diversos programas de actuación
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
Todos os anexos da Resolución
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 25 de febreiro de 2008 [gl]
Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.