Prestacións incluidas no Convenio
Información XeralO Convenio aplícase ás seguintes prestacións:
En relación con España:Aplícase ás seguintes prestacións do sistema de Seguridade Social:
- Prestacións económicas por incapacidade temporal en casos de enfermidade común ou accidente non laboral.
- Prestacións económicas de maternidade e risco durante o embarazo.
- Prestacións de incapacidade permanente en casos de enfermidade común ou accidente non laboral, de vellez e morte ou supervivencia.
- Prestacións familiares por fillo a cargo.
- Prestacións por desemprego.
- Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
En relación con Australia:Aplíacase ás seguintes prestacións:
- Pensións de vellez.
- Pensión de apoio por discapacidade para os gravemente discapacitados.
- Pensión de muller.
- Pago por coidado.
- Pensiones abonables a las personas viudas.
- Pensións abonables ás persoas viúvas.
- Pensión de orfandade absoluta.
- Cuantía adicional por fillo.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
- Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio, pódense sumar os periodos de seguro acreditados en España e os de residencia cumpridos en Australia.
- As prestacións económicas, agás as de incapacidade temporal, desemprego, maternidade, risco durante o embarazo e as non contributivas españolas, poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Australia. Respecto á prestación de orfandade australiana, existen certas restriccións para os residentes en España.
- Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario. Non obstante, dos primeiros pagos da pensión que se lle recoñeza, poderase descontar o importe correspondente a abonos de prestacións efectuados en cantidade superior á debida pola Seguridade Social do outro país.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito á pensión, poderán percibir esta de cada un deles.
- Para as prestacións por fillo, non se terán en conta como ingresos as prestacións por fillo recoñecidas no outro país.
Prestacións da Seguridade Social australiana
Para ter dereito a unha prestación australiana, agás para a pensión de orfandade absoluta, se o interesado, ao presentar a soliticute, é residente e se atopa en España, consideráselle como residente e que se atopa en Australia, se algunha vez foi residente en Australia. Se non se acada dereito á prestación por non cumprir os periodos mínimos de residencia en Australia, a efectos do cumprimento de ditos periodos mínimos, sumaranse os periodos de seguro españois, sempre que non se superpoñan. A cuantía calcúlase, en virtude da lexislación australiana, de forma diferente segundo o interesado resida en Australia ou fóra de Australia:
En Australia:Se o dereito a pensión australiana so se acada en aplicación do Convenio, totalizando periodos de residencia, e ata que se acredite o dereito á mesma dacordo ca lexislación interna australiana, a cuantía de dita pensión será calculada segundo a lexislación australiana pero sen tomar en conta para o cómputo dos seus ingresos calquera prestación australiana que deba serlle aboada, restarase a cuantía da prestación española que lle houbera podido ser recoñecida.
Fóra de Australia
Se, segundo a lexislación australiana, lle corresponde unha pensión prorrateada, para a comprobación de ingresos so se terá en conta unha parte da prestación española. Esa parte calcúlase multiplicando o número total de meses de residencia en Australia desa persoa (sempre que non exceda de 300 meses), polo importe da prestación española e o resultado divídese por 300. Non se terán en conta as seguintes prestacións españolas: Os complementos ao mínimo das pensións contributivas, as prestacións por fillo a cargo de pensionistas e as prestacións non contributivas.
Prestacións da Seguridade Social española
Incapacidade temporal, Maternidade e risco durante o embarazo
Para o recoñecemento destas prestacións totalízanse, se fose necesario, os periodos de residencia australianos.
Xubilación, Incapacidade permanente e Morte e Supervivencia
A Institución competente española examinará a solicitude de prestación na forma seguinte:
- Comprobará o interesado se acada dereito á pensión tendo en conta exclusivamente os periodos de seguro españois.
- Asímismo, calculará la prestación sumando a los períodos de seguro propios los de residencia acreditados en Australia (pensión teórica). En este supuesto, el importe de la prestación no será íntegro, sino según la proporción existente entre los períodos de seguro cumplidos en España y la suma de los períodos de residencia y seguro acreditados en Australia y España, respectivamente (pensión prorrata).
- Asimesmo, calculará a prestación sumando aos periodos de seguro propios os de residencia acreditados en Australia (pensión teórica). Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos en España e a suma dos periodos de residencia e seguro acreditados en Australia e España, respectivamente (pensión prorrata).
- Compensaranse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e abonarase a prestación que sexa máis favorable ao interesado.
Para o recoñecemento e cálculo da pensión terase en conta:
- Considerarase que no momento do feito causante o traballador atópase sometido á lexislación española, se nese momento reside en Australia ou percibe unha prestación australiana causada polo propio beneficiario. O mesmo criterio aplícase para o recoñecemento das prestacións de supervivencia.
- Considerarase cumprido o requisito de acreditar periodos de seguro nun tempo determinado, se o interesado acredita periodos de residencia activa laboralmente en Australia ao recoñecemento da prestación australiana.
- As cláusulas de reducción, suspensión ou supresión da pensión, para o caso de pensionistas que exerzan unha actividade laboral, aplicaranse a ditos pensionistas aínda que esta actividade se efectuaran en Australia.
- Se se tomaron periodos de residencia australianos, o cálculo de pensión española efectuarase en España durante os anos que precedan inmediatamente ao pago da última cotización á Seguridade Social española. A cuantía así obtida, incrementarase segundo as revalorizacións establecidas anualmente, ata a data do feito causante, para as prestacións da mesma natureza.
- Para acceder aos beneficios de determinados réximes especiais (por exemplo, traballadores do Mar, Minería do Carbón) so se terán en conta os periodos do outro país que se cumpriran en igual profesión ou emprego.
Accidentes de traballo e enfermidades profesionais
As prestacións abonaranse pola Institución Competente española, se a persoa estaba suxeita á súa lexislación no momento de ocurrir o accidente ou contraerse a enfermidade profesional e, neste caso, se exerceu unha actividade laboral susceptible de producir esa enfermidade.
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e australianas deberán dirixirse á Institución Compente do país onde resida o interesado, e terán eficacia nos dous países se se alega na solicitude ou se deduce na documentación presentada, que existe ou existiu unha afiliación á Seguridade Social en ambos os dous países. Cando se solicite unha pensión australiana desde España, o interesado debe aportar, xunto coa solicitude, os formularios AUS-140 e MOD (IA). Para máis información, poden dirixirse a www.centrelink.gov.au > Overseas Claim Form.
En España:
- O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar
En Australia:
Outros datos de interese
- Os periodos de residencia en Australia ou de seguro en España antes da entrada en vigor do Conveio, teranse en conta para a determinación do dereito ás prestacións.
- As persoas que perciban unha prestación en virtude do Convenio de 10 de febreiro de 1990 ou reúnan os requisitos necesarios para percibila, non poderán recibir un trato menos favorable pola aplicación do presente Convenio.
Para máis información consulta o texto completo do Convenio: |