Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Servizos sociais

¿Que son?

Os Servizos Sociais se definen como un sistema integrado de protección social orientado á prestación programada de atencións e servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación das persoas ou grupos, especialmente daqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva, así como a prevención e eliminación das causas que están na orixe daquelas situacións.

¿Como se estruturan?

O sistema de servizos sociais estrutúranse en 2 niveis de atención:

  • Atención primaria, dando lugar a, servizos sociais de atención primaria.
  • Atención especializada, dando lugar a servizos sociais de atención especializada.

Tamén se estrutura nas seguintes área de actuación, definidas en función dos sectores de poboación e das problemáticas diferenciadas que se aborden en cada unha de elas:

  • Comunidade.
  • Familia, infancia e xuventude.
  • Minusvalía.
  • Vellez.
  • Muller.
  • Drogodependencias e alcoholismo.
  • Minorías étnicas.
  • Delincuencia.
  • Outra problemáticas de marxinación social.

Considérase equipamentos do sistema de servizos sociais todos aqueles establecementos ou instalacións, debidamente tipificados ou acreditados, nos que se desenvolven con regularidade programas e actividades no ámbito dos servizos sociais.

Atención primaria

Los servizos sociais de atención primaria constitúen o nivel máis preto ao usuario e ao seu ambiente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu entorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Ditos servizos constitúen o elemento básico do sistema no que se refire a prevención, detección, análise de necesidades, programación do traballo social e prestación de servizos adecuados ás mesmas.

Ademais son a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, desde o que se derivarán os casos, previa prescrición técnica, aos servizos sociais de atención especializada cando a complexidade ou especificidade da situación así o requiran.

Os programas básicos de actuación en servizos sociais de atención primaria son os seguintes:

  • Programa de orientación, asesoramento e información; sobre os distintos recursos e posibilidades de superación das situacións de carencia de individuos, de grupos o da comunidade.
  • Programa de axuda no fogar para prestar atencións de carácter integral no seu medio.
  • Programa de inserción social para dar resposta a problemáticas concretas de marxinación e exclusión social aplicando, tanto proxectos de traballo social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.
  • Programa de animación, prevención e cooperación social para facilitar a participación nas tarefas colectivas tendentes a que sexan os propios individuos dunha comunidade os que asuman a súa problemática e busquen canles de solución, impulsar o asociacionismo, promover o desenvolvemento da conciencia solidaria e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado.
  • Programa de convivencia alternativa que supoña, en determinados núcleos de poboación, a oferta dun aloxamento provisional en casos de emerxencia persoal ou familiar mentres non se realice o oportuno análise do caso e a súa derivación cara un tratamento definitivo.

Os equipamentos propios dos servizos sociais de atención primaria son:

  1. Os Centros sociais de uso polivalente.
  2. Os Centros de día, que desenvolven programas referidos a determinadas áreas de actuación, sempre que non precisen estancia nocturna.
  3. Os Centros ocupacionais, orientados a acadar a integración normalizada dos diversos grupos e sectores da comunidade.
  4. Os Centros de acollida, de atención temporal para casos de graves carencias ou conflitos convivencias.
  5. Cantos outros podan ser utilizados para o traballo social aberto a toda a poboación ou a sectores de esta, sempre que se faga no seo da comunidade e procurando a apertura e integración na mesma.

Atención especializada

Se consideran servizos sociais de atención especializada os dirixidos a sectores de poboación con problemáticas definidas que, por precisara dun tratamento particular o tecnicamente complexo, o dunha prestación específica, non poden resolverse desde os servizos sociais de atención primaria:

Servizos sociais de atención especializada na área de familia, infancia e xuventude: atenden ás necesidades sociais específicas deste sector da poboación, desenvolvendo actuacións e programas encamiñados á prevención e superación das problemáticas derivadas da desintegración familiar, así como a atención dos menores en situación de desvantaxe ou inadaptación social.

  • Equipamentos propios destes servizos: serven de soporte para programas e tratamentos en institucións especialmente orientados cara a normalización, persoalización e integración socio-familiar dos seus beneficiarios, tales como garderías infantís, ludotecas e pretalleres, granxa-escolas, residencias de menores, casa de familia, vivendas tuteladas e aqueles outros orientados aos mesmos fins.
  • Programas propios destes servizos: entre outros, os de apoio técnico e axudas en familia, os de adopción, acollida, atención diúrna en centros, prevención e malos tratos a menores, erradicación da mendicidade infantil, becas de axuda á inserción social e actividades ocupacionais.

Servizos sociais de atención especializada na área de actuación das minusvalías: procuran o tratamento, rehabilitación e integración social dos discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais, así como a prevención das minusvalías.

  • Equipamentos propios destes servizos: ben na súa modalidade de internamento, ben na diúrna, os Centros Ocupacionais, os Centros para psicóticos e autistas, os de recuperación, os Centros especiais de emprego, a vivendas tutelas, os pisos protexidos e cantos outros se determinen na planificación desta área de actuación.
  • Programas propios destes servizos: os de valoración, diagnóstico e cualificación das minusvalías, atención temperán, formación ocupacional, integración laboral, supresión de barreiras arquitectónicas, urbanísticas e do transporte, axudas técnicas e cantos outros sexan favorecedores da súa autonomía persoal e integración social.

Servizos sociais de atención especializada para a vellez: oriéntanse á consecución do maior nivel de benestar posible a terceira idade, así como acadar a súa autonomía e integración social.

  • Equipamentos propios destes servizos: as residencias de válidos, asistidos e mixtas, os Centros de atención diúrna, as vivendas tuteladas, os pisos protexidos e cantos Centros de carácter especializado se determinen na planificación de esta área de actuación.
  • Programas propios destes servizos: os de acollida familiar de maiores, de turismo e termalismo social, as axudas técnicas e cantos outros favorezan a permanencia da persoa no seu medio, a súa autonomía persoal e participación activa na vida social.

Servizos sociais de atención especializada para a muller: facilitan atención, acollida, información e asesoramento a mulleres, co obxecto de prever ou dar resposta a situacións de emerxencia, discriminación, maltrato e desamparo.

  • Equipamentos propios destes servizos: os Centros de asesoramento e de protección dos dereitos da muller,os Centros de acollida, as residencias e cantos outros de carácter especializado se determinen na planificación de esta área de actuación.
  • Programas propios destes servizos: os de fomento de emprego, os facilitadores das formación profesional e cantos outros vaian dirixidos a incentivar a participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e social.

Servizos sociais de atención especializada na área de dogrodependencia e alcoholismo: oriéntanse especificamente para o desenvolvemento de programas de prevención e inserción social de persoas afectadas por calquera toxicomanía.

  • Equipamentos propios destes servizos: os Centros de Orientación, rehabilitación, ocupacionais, de inserción e cantos outros de carácter especializado se determinen na planificación desta área de actuación.
  • Programas propios destes servizos: os de información e prevención, axuda e tratamento en familia e cantos outros se deriven da actuación conxunta con outros administracións públicas en planes específicos.

Servizos sociais de atención especializada para as minorías étnicas: procuran o seu benestar e participación activa na vida da comunidade, respectando os seus propios valores e pautas culturais.

  • Como recurso habitual serán empregados neste servizos os equipamentos que para as diversas áreas de actuación se establecen, evitando a creación de redes paralelas que dificulten a integración progresiva e a participación destes colectivos na vida social.
  • Programas propios destes servizos, entre outros, os de integración escolar, normalización da vivenda e de inserción laboral.

Servizos sociais de atención especializada para a prevención da delincuencia: procuran a superación de situacións que favorezan a aparición de condutas delictuosas, así como atención á atención á inserción social de exinternos.

  • Equipamentos propios de estes servizos: os Centros de acollida e orientación e cantos outros de carácter especializado se determinen na planificación de esta área de actuación.
  • Programas propios de estes servizos: entre outros, os de formación e apoio á integración profesional e os de atención a familiares.

Terán tamén a consideración de servizos sociais de atención especializada aqueles outros expresamente recoñecidos que respondan de forma estable a situacións carenciais de colectivos específicos, tales como marxinados e transeúntes, refuxiados e asilados afectados por situacións catastróficas, emigrantes retornados e cantos outros poidan considerarse necesarios de acordo cos estudos de necesidade social promovidos pola administración autonómica.

Voltar