Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Estados Unidos

¿A que persoas se aplica o Convenio?

Ás persoas que traballen ou tiveran traballado nun ou en ambos os dous países así como aos seus causahabientes.

¿Que prestacións se inclúen no Convenio?

Información xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do Sistema da Seguridade Social:

  • Prestacións por invalidez provisional derivada de enfermidade común ou accidente non laboral.
  • Prestacións por vellez.
  • Prestacións por incapacidade permanente, morte e supervivencia por enfermidade común ou accidente non laboral.

En relación con Estados Unidos:

Aplícase o programa federal de Seguro de Vellez, Supervivencia e Invalidez.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en Espeña e en Estados Unidos.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España e en Estados Unidos.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva poderán percibir esta de cada un deles.

Vellez, invalidez e supervivencia

Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:

  • Se o interesado acada dereito á pensión sen necesidade de sumar os períosodos de seguro do outro país, concederáselle a pensión que lle corresponda tendo en conta, unicamente, os seus propios periodos de seguro.
  • Se o interesado non acada dereito á pensión segundo o apartado anterior, sumaranse os periodos de seguro acreditados no outro país. O importe da pensión non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos no país que lle outorgue e a suma dos períodos de España e Estados Unidos.


Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e estadounidenses deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado.

En España:

  • O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
  • as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar


En Estados Unidos:

  • Social Security Administration

Para máis información consulta o texto completo do convenio:


El tipo mime del documento es: application/pdfConvenio bilateral entre España e Estados Unidos [es]
CONVENIO sobre Seguridade Social entre España e os Estados Unidos de America, e acordo administrativo para a súa aplicación, firmados en Madrid o 30 de setembro de 1986.