Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Programa de viaxes para emigrantes

Á Casa

Nome do programa

Volver – Á Casa

O programa Volver á casa está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Características
  • A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo, con carácter xeral, do 60% do custo da viaxe a Galicia. Farase cargo do 80% naqueles países en que a base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade no 2008 non supere os 2.110 € anuais.
  • A condición de beneficiario deste programa quedará supeditada ao compromiso de acollida dos familiares do solicitante residentes en Galicia e ao pagamento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.
  • Os participantes poderán permanecer cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de tres meses, sendo pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivados da súa estadía en Galicia.
Resolución

Resolución do 29 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á casa para residentes no exterior durante o ano 2008.

Destinatarios

Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ser emigrante galego
  2. Ter a nacionalidade española
  3. Residir en América
  4. Ter cincuenta e cinco ou máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
  5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral
  6. Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración
  7. Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos cales poidan residir durante a súa estadía en Galicia
  8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español fixado en 2008 para o país de residencia

Poderán ser beneficiarios as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa.

Tamén poderán ser solicitantes os fillos de emigrantes galegos que teñan a condición de galego e que cumpran os requisitos anteriores

Prazas

336

Data de Realización

Preferentemente no mes de xuño

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia (6/03/2008)

Prazo

Ata o 7 de abril

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración

Lugar de presentación de solicitudes:
  • Secretaría Xeral de Emigración:
    Servizo de Atención Social aos Emigrantes
    Teléfonos: 981.545.880 - 981.545.547.269
    Fax: 981.957.055
    e-mail: accion.social.emigracion@xunta.es

  • Na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, consellerías de Traballo e Asuntos Sociais, nas seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante

  • Nas entidades que se sinalan a continuación, habilitadas para a presentación telemática das solicitudes
    * En Brasil:
    -Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    -Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. São Paulo.
    -Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
    * En Cuba:
    - Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
    * En Uruguai:
    -Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.
    * En Venezuela:
    -Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Ano

2008

Información adicional

Consultar resolución

Guía do cidadán


Resolucións e modelos a presentar


El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos I e II [gl]
Anexos do programa: Volver Casa
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos I y II (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 29 de febreiro de 2008 [gl]
Resolución do 29 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á casa para residentes no exterior durante o ano 2008.