Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Se tes algunha dubida sobre este programa, envíanos a túa consulta

Bolsas para a realización de estudos universitarios e de formación profesional

Nome do programa:

Bolsas destinadas para a realización de estudos universitarios e de formación profesional.

Resolución:

Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e se regulan os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2008-2009.

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto axudar a sufragar os gastos ocasionados pola realización de estudos universitarios e de formación profesional de grao superior.

Programas

Programa 1: bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación o prórroga).

Programa 2: bolsas para a realización de estudos de terceiro ciclo (etapa de formación) e para a realización de ensinanzas conducentes á obtención do título de máster universitario en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación o prórroga).

Programa 3: bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

Destinatarios:

Galegos e os seus descendentes ata segundo grao, que cumpran os seguintes requisitos:

  A.- Nova adxudicación


    Estudos universitarios de primeiro e segundo ciclo.-

  • Residencia no estranxeiro do solicitante.
  • Estar admitido/a para cursar estes estudos en calquera das tres universidades galegas.
  • Estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos.


    Estudos de terceiro ciclo ou master.-

  • Residencia no estranxeiro do solicitante.
  • Estar admitido/a no curso 2008/09 nun programa de terceiro ciclo ou nun master universitario en calquera das universidades galegas.


    Estudos de Formación Profesional.-

  • Residencia no estranxeiro do solicitante.
  • Estar matriculado/a nalgún ciclo formativo de grao superior nun centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teña estas ensinanzas concertadas.

  B.- Prórroga


    Estudos universitarios en todas as súas modalidades.-

  • Residencia familiar no estranxeiro.
  • Ter superado o 75% das materias ou créditos nos que estivo matriculado o curso anterior.
  • No caso de estudos de primeiro o segundo ciclo, estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos .

Convocatoria:

Diario Oficial de Galicia, do 19 de maio de 2008.

Promovido por:

Secretaría General de Emigración

Prazo de presentación:

Ata o 31 de xullo do 2008.

Tipo de axuda:

Económica.

Contacto:

Secretaría General de Emigración
Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
Teléfonos: 981545833 - 981957162
Fax: 981957179
correo electrónico: entidadesgalegas@xunta.es

Ano

2008

Enlaces as webs de las universidades gallegas:

Información adicional:

Consultar a resolución.

Guía do cidadán


El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 13 de maio de 2008 - Corrección de erros [gl]
Corrección de erros.-Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e se regulan os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2008-2009.
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 13 de maio de 2008 [gl]
Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e se regulan os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2008-2009.
El tipo mime del documento es: application/pdfModelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]