Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Filipinas

¿A que persoas se aplica o Convenio?

Aos españois e filipinos que traballen ou tiveran traballado nun ou en ambos os dous países, así como aos membros da súa familia e dereitohabientes.

Asemade, aplícase aos traballadores refuxiados e aos apátridas que residan habitualmente no territorio dun dos dous países, así como aos membros das súas familias e dereitohabientes.

¿Que prestacións se inclúen no Convenio?

Información xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do sistema da Seguridade Social:

  • Prestacións por incapacidade temporal por enfermidade común e accidente non laboral e por maternidade.
  • Prestacións por incapacidade permanente, xubilación e morte ou supervivencia.
  • Prestacións por accidente de traballo e enfermidade profesional.

En relación con Filipinas:

Ás seguintes prestacións económicas:

  • Invalidez temporal, maternidade, enfermidade e accidente non labora.
  • Xubilación.
  • Invalidez parcial ou total.
  • Morte ou supervivencia.
  • Accidente de traballo e enfermidade profesional.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e en Filipinas.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Filipinas.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario. As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.

Incapacidade temporal

Para o recoñecemento destas prestacións súmanse, se é necesario, os periodos de seguro de ambos os dous países.


Invalidez, Xubilación e Supervivencia

Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:

  • Se o interesado acada dereito á pensión sen necesidade de sumar os periodos de seguro do outro país, concederáselle a pensión que lle corresponda tendo en conta, únicamente, os seus propios períodos de seguro.
  • Se o interesado non acada dereito á pensión segundo o apartado anterior, sumaranse os periodos de seguro acreditados no outro país. O importe da pensión non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos no país que lla otorgue e a suma dos periodos de España e Filipinas.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

A prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.

Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e filipinas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado.

En España:

  • Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximmo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
  • as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

En Filipinas:

  • Social Security System Office of Deputy Administrator Legal and Administration of International Relations.