DescriciónProporcionar ferramentas de xestión empresarial para a creación de empresas en Galicia, así como para a xeración de negocios e de inversión en Galicia dende o país de residencia. Obxectivos- Facilitar ferramentas necesarias para a creación de empresas en Galicia aos galegos residentes no exterior como unha vía de inserción laboral tras o retorno.
- Xerar negocios e/ou canalizar inversión con Galicia, ampliando oportunidades laborais e de densenvolvemento empresarial desde o seu país de residencia.
- Fomentar a xeración de redes empresariais.
DestinatariosEmigrantes galegos residentes no exterior e os seus familiares (cónxuxe, fillos/as, netos/as) MetodoloxíaO Programa desenvólvese a través de clases teórico-prácticas e titorías individualizadas. - En sesións conxuntas, os participantes reciben a formación necesaria para a xestión empresarial:
- Metodoloxía de elaboración do proxecto empresarial
- Xurídico – Laboral
- Finanzas
- Marketing
- Nocións de Medio Ambiente e Calidade
- Información Xeral – Xestións para o Retorno
- Nas titorías activas e individualizadas analízase a viabilidade do proxecto e elabórase o Plan de Empresa, documento de suma utilidade para o promotor para a presentación ante entidades financieiras e programas de apoio.
EstadísticasProgramas 2006- Accións finalizadas: Uruguai.
- Accións pendentes: Venezuela (1 programa) , Alemaña (1 programa) e Suiza (1 programa).
FinanzamentoFundación Galicia Emigración en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración. Entidade xestoraFundación Galicia Emigración Prazas20 por curso aproximadamente. CusteDe balde. Próximos cursos | Suiza | Alemaña |
|---|
| Lugar de realización | CENTRO GALEGO A NOSA GALIZA 9-A Rue de Vermont, bajo CP: 1211 - Ginebra Tel-Fax: (41) 227340039 Mail: anosagaliza@bluewin.ch | CENTRO GALEGO DE NÜRNBERG E.V. Gostenhofer Hauptstrasse, nº 51 CP: 90443 - Nürnberg Tel: (49) (911) - 274 51 98 Fax: (49) (911) - 264 709 Mail: centro-galego@gmx.de |
|---|
| Data de realización | Do 6 ao 24 de novembro de 2006 | Do 13 de novembro ata o 1 de decembro de 2006 |
|---|
| Prazo inscrición | Ata o 31 de outubro de 2006 | Ata o 3 de novembro de 2006 |
|---|
|