Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Programa de atención integral dirixido aos inmigrantes e retornados

Este programa ten por finalidade facilitar aos inmigrantes e retornados unha atención integral e instrumentalízase mediante convenios de colaboración asinados entre a Secretaría Xeral de Emigración e varias entidades sen ánimo de lucro.

Actuacións
  • Informar a estas persoas sobre a súa situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a súa condición de inmigrante ou emigrante retornado.
  • Ofrecer aos inmigrantes e emigrantes retornados que se atopen nunha situación de especial vulnerabilidade e con risco de exclusión social, unha acollida inicial durante un período limitado de tempo, co fin de promover a súa incorporación ás redes sociais e á vida comunitaria.
  • Facilitar todo tipo de información acerca de programas formativos e de orientación laboral e outras axudas ás que poidan ter acceso e que faciliten a súa inserción no mercado laboral.
  • Derivar aos servizos sociais tanto de atención primaria como especialidades a aqueles usuarios do programa que o requiran segundo a situación detectada.
  • Apoio laboral: informarase e porase en contacto a este colectivo coas distintas ofertas de traballo, incluídas na propia bolsa de traballo da entidade así como doutras bolsas de traballo, ás que poidan ter acceso.

Entidades colaboradoras


Para obter máis información sobre estes programas deberán poñerse en contacto coas seguintes entidades colaboradoras nos enderezos sinalados no cadro:


 ENTIDADE
 ÁMBITO ACTUACIÓN
 CONTACTO ENTIDADE
I.B.S Padre Rubinos A Coruña

Rúa Av. Labañou,10, 15011 A Coruña
Tlf: 981 25 19 98 / Fax: 981 27 35 58
E-mail: ibsrubinos@gmail.com
www.padrerubinos.org

Asociación Renacer A Coruña

Rúa Sargento Provisional 14 baixo, 15007-A Coruña
Tlf: 981 24 92 21
E-mail: renacer456@hotmail.com

Cáritas Diocesana de Santiago de CompostelaProvincia da Coruña e Pontevedra

Rúa Carreira do Conde, nº 14,
15706 Santiago de Compostela
Tlf: 981 58 15 42 / 981 55 44 33
Fax: 981-572005
E-mail: inmigrantes.cdsantiago@caritas.es

Cáritas Diocesana de OurenseProvincia de Ourense

Rúa Praza Obispo Cesáreo, s/n
32005-Ourense
Tlf: 988 23 68 19 / Fax: 988 23 68 19
E-mail: caritasourense@teleline.es
www.caritasourense.es

Cáritas Diocesana de Tui-VigoVigo

Rúa García Barbón, 104, Baixo 36201-Vigo (Pontevedra)
Tlf: 986 44 33 10
E-mail: inmigrantes@caritastui-vigo.org
www.caritastui-vigo.org