Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Mellora de dotacións e equipamentos

Nome do programa

Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.

O obxecto deste programa é contribuír á mellora das dotacións e equipamentos das entidades de emigrantes galegos no exterior, mediante a concesión de axudas destinadas ao financiamento, en todo ou en parte, dos investimentos que estas realicen con destino a mobiliario, equipamentos tecnolóxicos, instrumentos musicais, equipamento cultural, recursos lúdicos e material para ludotecas.

Resolución

Resolución do 29 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006.

Destinatarios

Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia, do 4 de abril de 2006.

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración

Prazo de presentación

Ata o 3 de xuño de 2006. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Tipo de axuda

Económica.

Observacións

A acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2006.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Servizo de Promoción dos Centros e Comunidades Galegas
    Teléfonos: 981545833 – 981957162
  • Fax: 981957179
  • correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.es
Ano: 2006
Información adicional:

Consultar a resolución.


El tipo mime del documento es: application/pdfCircular 1/2006 Normas de Xestión (Apoio infraestructural) [gl]
Normas de xestión para a tramitación de axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestructural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006.
El tipo mime del documento es: application/pdfModelo de solicitude para imprimir [gl]
Modelo de solicitude para participar no programa "Mellora de dotacións e equipamentos"
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 29 de marzo do 2006 (apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior) [gl]
Resolución do 29 de marzo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006.
El tipo mime del documento es: application/pdfSubvencións concedidas a entidades galegas nos programas de Apoio Infraestrutural [gl]