Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Xornadas de Inmigración e Comunicación

12, 13 e 14 de decembro en Santiago de Compostela

A Secretaría Xeral de Comunicación organiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, a Fundación Caixa Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, o evento "Xornadas de Inmigracion e Comunicación", a celebrar os días 12, 13 e 14 do mes de decembro con este programa de sesións:

Mesas de debate

  • Tratamento do fenómeno da Inmigración nos medios
  • Da Galicia Emigrante, á Galicia receptora de Inmigrantes
  • Inmigración, Emigración e Economía
  • A Diversidade Cultural: Vivir Convivindo
  • Conversa aberta con Xesús Portela

Conferencias abertas ao público

  • Joaquín Estefanía
    "Os procesos actuais de desigualdade: ¿quen os denuncia?"
  • Xosé Luís Vilela
    "Dos emigrantes ós inmigrantes: unha visión dende a prensa"
  • John Lee Anderson
    "O reto de informar sobre o mundo en conflicto"


Lugar de celebración:

Aula Sociocultural de Caixa Galicia (Carreira do Conde 18, Santiago de Compostela)

Inscricións:

  • Club Internacional de Prensa.
    Avda. da Coruña 6, baixo. 15706, Santiago
    Telef.: 981 54 59 50 / 49. Email: club.inter.prensa@xunta.es


Máis información:

Consulta nos arquivos adxuntos tanto o programa completo, como a ficha de inscrición.