O marco temporal de Ficcións analóxicas é o período comprendido entre 1984, ano de produción dos primeiros traballos de videocreación realizados en Galicia, e 1994. Aínda dentro deste marco temporal, a mostra cínguese a un grupo reducido de autores que contribuíron a asentar as temáticas, problemáticas e xeitos de facer que marcaron as liñas de traballo máis significativas dese período. Todos eles principiaron a súa actividade a mediados dos oitenta, coincidindo coa chegada a Galicia dos primeiros equipos, e compartían a necesidade de ensanchar os límites do medio, pero tamén os dos seus respectivos medios de orixe –a plástica, a fotografía, a poesía, o cine–, cunha clara vocación experimental.
MÚSICA : Nada Surf en Vigo
15 de febreiro Sala A, Vigo
Nada Surf actuará en concerto na Sala A de Vigo o próximo 15 de febreiro ás 20.00 horas. O precio da entrada é de 18 euros.
Trátse dun dos tres concertos que a banda neoiorquina formada a principios dos noventa ofrece en España para presentar o seu novo traballo
MÚSICA: The Blows en A Coruña
15 de febreiro Sala Mardi Gras, A Coruña
The Blows estréanse con Upskirts, once temas directos, destinados ás pistas de baile e ó directo máis salvaxe, que sorprende pola espontaneidade e a forza da súa proposta. A banda actúa o venres 15 na Coruña.
MÚSICA : Sunday Drivers e Niño y Pistola na sala Capitol
16 de febreiro Sala Capitol, Santiago de Compostela
A banda toledana Sunday Drivers actuará na sala Capitol, acompañada da galega Niño y Pistola. As entradas anticipadas custan 12 euros e no despacho 15.
The Sunday Drivers é un grupo de Indie-Pop español, xurdido en Toledo no ano 1999. Posúen un son característico, moi diferente ás doutras bandas indie españolas.
TEATRO : A soidade nos campos de algodón
Do 15 ó 17 de febreiro Teatro Ensalle. Vigo
A través dun dolo de palabras, Kòltes aborda na súa obra La soledad en los campos de algodón a grieta cada vez maior que hai entre acomodados e excluidos. Na obra se propicia o encontro e a oposición ata a morte dos sentimentos que dominan violentamente o fin de século. Esta fin de semana pódese ver a obra en Vigo.