Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Voto dos residentes no exterior nas eleccións municipais

Quen pode votar

Poden votar dende o estranxeiro nas eleccións municipais, todas e todos os españois maiores de 18 anos inscritos previamente no censo electoral de residentes ausentes.

Como exercer o dereito ao voto

Os/as españois residentes ausentes que vivan no estranxeiro e desexen exercer o seu dereito de voto nas eleccións do municipio no que estean inscritos segundo o Censo Electoral, deben seguir os seguintes pasos:

  1. Comunicar á Delegación Provincial da oficina do Censo Electoral que desexan exercer o seu dereito de voto nas eleccións municipais non máis tarde do vixésimo quinto día posterior á convocatoria de eleccións. Esta comunicación debe realizarse mediante escrito ao que se xunta fotocopia do DNI ou Pasaporte.
    Nota importante: Para realizar esta comunicación, vostede pode dirixirse á Oficina ou Sección Consular do seu país de residencia, posto que segundo o artigo 29.3 da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, estas actúan como colaboradoras da Oficina do Censo Electoral.
  2. A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, unha vez recibida dita comunicación, envía ao/á interesado/a un Certificado de inscrición no Censo, unha papeleta de votación en branco, copia das páxinas do Boletín Oficial da provincia no que figuren as candidaturas proclamadas no municipio, o sobre de votación e o sobre no que debe figurar a dirección da Mesa Electoral que corresponda. Con estes documentos xúntase unha folla explicativa. Este envío debe realizarse por correo certificado e non antes do trixésimo segundo día posterior á convocatoria.
  3. O aviso de recibo acreditativo da recepción desta documentación, deberá ser asinado persoalmente polo interesado previa acreditación da súa identidade. No caso de non encontrarse no seu domicilio, comunicaráselle que deberá persoarse por si ou a través de representante, nos casos establecidos legalmente, na oficina de correos correspondente para, previa acreditación, recibir a documentación para o voto por correo.
  4. O elector escribirá na papeleta o nome do partido, federación, coalición, ou agrupación cuxa candidatura desexa votar, introduciraa no sobre de votación e pecharao. Incluirá o sobre de votación e o certificado de inscrición no censo dentro do sobre dirixido á Mesa, e remitirao por correo certificado antes do terceiro día previo á celebración das eleccións. Este sobre non necesita franqueo.
  5. O servizo de Correos de España, conservará ata o día da votación toda a correspondencia dirixida ás Mesas Electorais e a trasladará a ditas Mesas ás nove da mañá. Así mesmo seguirá dando traslado da que poida recibirse nese día ata as vinte horas do mesmo.
  6. O servizo de Correos de España, levará un rexistro de toda a documentación recibida, que estará a disposición das Xuntas Electorais. Os sobres recibidos despois das vinte horas do día fixado para a votación remitiranse á Xunta Electoral da Zona.

Voltar