Inscrición de nacemento, matrimonio e defunción |
O Rexistro Civil é un rexistro dependente do Ministerio de Xustiza no que se inscriben os feitos concernentes ao estado civil das persoas. Neste inscríbense, entre outros, os nacementos, matrimonios e defuncións. Os nacementos, matrimonios e defuncións han de inscribirse con carácter xeral no Rexistro do lugar en que ocorren, así como solicitar as correspondentes certificacións. Así a cargo dos Cónsules de España no estranxeiro existen os Rexistro Consulares. Unha vez en España, para obter estas certificacións, se constan nun Consulado español, deberán solicitarse no Rexistro Civil Central de Madrid. |