¿A qué persoas se aplica o Convenio?
Aos españois e mexicanos que traballen nun ou en ambos os dous países e aos seus familiares.
¿Qué prestacións se inclúen no Convenio?
Información xeral
O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:
En relación con España:
Ás seguintes pensións contributivas do sistema da Seguridade Social:
- Pensións de incapacidade permanente, vellez, morte e supervivencia.
- Pensións derivadas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
En relación con México:
Aos réximes obrigatorio e voluntario contemplados na Lei de Seguro Social en canto a:.
- Pensións derivadas dos seguros de invalidez, vellez, cesantía en idade avanzada e morte.
- Pensións derivadas do seguro de riscos de traballo.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
- Para adquirir as pensións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e en México.
- As pensións de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que se resida ou se atope en España ou en México.
- Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.
Invalidez, Vellez, Cesantía en idade avanzada e Muerte e Supervivencia
Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:
- Se o interesado acada dereito á pensión sen necesidade de sumar os periodos de seguro do outro país, concederáselle a pensión que lle corresponda tendo en conta, únicamente, os seus propios periodos de seguro.
- Se o interesado non acada dereito á pensión segundo o apartado anterior, sumaránselle os periodos de seguro acreditados no outro país. O importe da pensión non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos no país que lla otorgue e a suma dos periodos de España e México.
Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional
A pensión determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e mexicanas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado:
En España:
- o Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.
En México:
- O Instituto Mexicano do Seguro Social
Atención:
Se o interesado ou os seus causahabientes residen nun terceiro Estado deberán dirixir a súa solicitude á Institución do país (España ou México) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez.
Outros datos de interese
A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben o abono das mesmas non se efectuará en ningún caso por periodos anteriores a dita data.
Para máis información consulta o texto completo do convenio
|