Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Servizo Galego de Colocación

Dentro do servizo público de emprego da Xunta de Galicia, o SGC (Servizo Galego de Colocación) é un servizo do que podo facer uso calquera persoa que resida en Galicia e que estea buscando emprego, xa sexa por que non o ten nese momento ou porque queira mellorar a situación laboral na que se atopa. Tamén poden utilizalo as empresas que oferten postos de traballo de calquera país do mundo.

O seu obxectivo principal é a interrelación de ofertas e demandas de traballo, realizando este labor coa maior eficacia, transparencia e rapidez.

De este obxectivo principal se poden deducir, ademais, os seguintes obxectivos:

  • Presentar os candidatos axeitados aos postos de traballo ofertados polas empresas.
  • Implicar ao maior número de empresas posibles, para realizar ofertas de traballo a través de este servizo, promovendo a interconexión no mercando laboral galego entre demandantes e empresas.
  • Manter a relación co contorno laboral, é dicir, estar en contacto con empresas que buscan traballadores e persoas demandantes de emprego.
  • Contribuír a un mellor seguimento e coordinación da formación ocupacional como instrumento para conseguir a mellora da inserción laboral.

O SGC recolle nun só servizo todas as ofertas de emprego illadas da Comunidade Autónoma Galega. É gratuito, tanto para as persoas que acoden a recibir información ou a introducir ou presentar o seu currículo, como para as empresas que realizan ofertas de emprego. Se trata dun servizo público, calquera pode acceder a el e consta duna rede de máis de 250 puntos (51 oficinas de emprego e máis de 200 centros asociados).

Os demandantes de emprego poderán acceder a el mediante unha liña directa de atención telefónica (901 125 000) en calquera Oficina de Emprego, ou utilizar os caixeiros de autoservizos instalados nas oficinas da Caixa Galicia e La Caixa.

Toda empresa que busque traballadores pode acudir a unha Oficina de Emprego, dirixirse a un centro asociado ou chamar ao teléfono 902 262 902.

+ información

Voltar