Realización de proxectos creativos, formativos, de participación e intercambio promovidos pola xuventude da Galicia Exterior |
Nome do programaAxudas para a realización de proxectos creativos, formativos, de participación e intercambio promovidos pola xuventude da Galicia Exterior. O obxecto deste programa é implicar e facer partícipes á mocidade galega da diáspora na realización de proxectos creativos, formativos, de participación e intercambio cultural dos mozos e mozas dun mesmo país ou área xeográfica en accións conxuntas, así como aproveitar os avances tecnolóxicos como unha ferramenta básica na transmisión de información e integración de servizos comúns. ResoluciónResolución do 29 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006. DestinatariosEntidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador. RequisitosContar cunha sección ou comisión xuvenil legalmente constituída nos seus órganos de goberno ou ben dispoñer dun grupo de mozos constituído para o efecto e capaces de xestionar e desenvolver algunha das finalidades obxecto de subvención. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia, do 4 de abril de 2006 Promovido porSecretaría Xeral de Emigración Prazo de presentaciónAta o 19 de maio de 2006. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración. Tipo de axudaEconómica ObservaciónsA acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2006 Contacto
Ano: 2006Información adicional:Consultar a resolución. |
| Circular 2/2006 Normas de Xestión a diversos programas | [gl] | |
| Normas de xestión para a tramitación de axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuactión a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006. | ||
| Modelo de solicitude para imprimir | [gl] | |
| Modelo de solicitude para participar no programa "Proxectos creativos, formativos, de participación e intercambio promovidos pola xuventude da Galicia Exterior" | ||
| Resolución do 29 de marzo do 2006 (actuación a favor das comunidades galegas no exterior) | [gl] | |
| Resolución do 29 de marzo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006. | ||
| Subvencións correspondientes a diversos programas de actuación a favor das Comunidades Galegas no exterior | [gl] | |