Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Proxectos formativos, culturais e actividades asociativas na Galicia exterior

Nome do programa

Axudas para realización de proxectos formativos, culturais e actividades asociativas na Galicia exterior.

O obxecto deste programa é potenciar o espallamento e difusión dos sinais de identidade de Galicia e colaborar coa dinámica cultural dos centros e comunidades galegas no exterior, mediante a concesión de axudas destinadas a financiar, en todo ou en parte, a realización de actividades formativas, culturais e/ou asociativas realizadas en favor das comunidades galegas.

 Resolución

Resolución do 29 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006.

Destinatarios

Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador ou calquera institución ou asociación sen fin de lucro que puidese, se é o caso, realizar accións que sirvan para os fins sinalados na resolución.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia, do 4 de abril de 2006.

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración.

Prazo de presentación

Ata o 19 de maio de 2006. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Tipo de axuda

Económica.

Observacións

A acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2006.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Servizo de Promoción dos Centros e Comunidades Galegas
    Teléfonos: 981545833 – 981957162
  • Fax: 981957179
  • Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.es
Ano: 2006
Información adicional:

Consultar a resolución.