Iniciar sesión

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Listas provisionais de admitidos e excluidos do programa de Campamentos e Campos de Traballo 2009

Prazo Pechado

De acordo co disposto no artigo 7º.2 da resolución do 19 de decembro de 2008 (DOG Nº2 do 05-01-09) publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos para os países de: Brasil, Cuba, Uruguai, Venezuela, resto de América, Europa e España, entendendo como:

  • Solicitudes admitidas ao sorteo: as que levan a mención “COMPLETA” na columna “observacións”.
  • Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria sobre a documentación a presentar.
  • Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU e ART_EXC os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 22 de abril inclusive) para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude. Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


  Documentación que deben presentar os solicitantes [gl]
  Causas de exclusión [gl]

Listas provisionais de admitidos e excluidos :


  Campamentos Campos de traballo
Alemania  Descargar  
Brasil  Descargar  Descargar
Cuba  Descargar  Descargar
Chile  escargar  
EEUU  Descargar  
España    Descargar
México  Descargar  
Perú  Descargar  Descargar
Suiza  Descargar  
Uruguai  Descargar  Descargar
Venezuela  Descargar  Descargar

 Pode consultar as listas cos admitidos provisionais de Campamentos e Campos de traballo de Arxentina aquí.

Prazo para formular alegacións e completar a solicitude: 22 de abril (inclusive).

Data de publicación: 7 de abril de 2009.