Homologación / Convalidación de estudios |
a. De Educación Non UniversitariaHomologaciónSupón a declaración de equivalencia dos títulos, diplomas ou estudos estranxeiros cos españois, para os efectos académicos e profesionais. ConvalidaciónSupón a declaración de equivalencia de estudos estranxeiros (cursos, módulos...) para os efectos de continuar os estudos nun centro docente español SolicitudeOs expedientes de convalidación e homologación iniciaranse a instancia do interesado, mediante solicitude axustada ao modelo oficial, dirixida ao titular do Ministerio de Educación e Ciencia, que se presentará preferentemente:
DocumentaciónAs solicitudes deberán ir acompañadas dos documentos seguintes:
Os documentos expedidos no estranxeiro deberán estar legalizados e ir acompañados, no seu caso, da correspondente tradución oficial ao castelán. Na Alta Inspección de Educación en Galicia para títulos non universitarios, excepto os de formación profesional, non se esixe tradución do portugués, francés e italiano. Non se esixe a legalización dos documentos expedidos polas autoridades académicas dos países da Unión Europea, acreditativos de estudos realizados en ditos países. Estudos que non precisan convalidaciónNon deberá facerse ningún trámite de convalidación de estudos cando se trate de alumnos procedentes de sistemas educativos estranxeiros que desexen incorporarse a calquera dos cursos que integran en España a Educación Primaria ou da Educación Secundaria Obrigatoria. ResoluciónA competencia para resolver os expedientes de convalidación e homologación corresponden ao Ministerio de Educación e Ciencia. Os centros docentes poderán admitir, con carácter adicional, a aqueles alumnos con expedientes de homologación ou convalidación, iniciados e pendentes de resolución nas datas en que finalicen os prazos de admisión. b. De Educación SuperiorHomologaciónA homologación supón o recoñecemento da validez oficial, para os efectos académicos e profesionais, de títulos superiores cursados en Universidades estranxeiras. SolicitudeO expediente iniciarase a instancia do interesado, mediante solicitude axustada ao modelo oficial, dirixida ao titular do Ministerio de Educación e Ciencia, que se presentará, preferentemente, nos Rexistros Auxiliares do Ministerio ou no Rexistro Xeral. A competencia para resolver os expedientes de homologación corresponde ao Ministerio de Educación e Ciencia. DocumentaciónAs solicitudes deberán ir acompañadas dos documentos seguintes:
Cando se trate dunha homologación de títulos de doutorado, deberanse achegar ademais dos documentos anteriormente sinalados, os seguintes:
ResoluciónA competencia para resolver os expedientes de homologación corresponde ao Ministerio de Educación e Ciencia. ConvalidaciónA convalidación de asignaturas cursadas en universidades estranxeiras ten que cumprir uns determinados requisitos. Son os propios Centros universitarios os que establecen eses requisitos e conceden as convalidacións.
LEMBRE: os documentos das Universidades estranxeiras deben estar legalizados por vía diplomática (Embaixadas ou Consulados de España, Ministerio de Eduación , Ministerio de Asuntos Exteriores de España). Os documentos selados coa apostilla non necesitan ningunha outra legalización diplomática ou consular. Este requisito non se esixirá aos documentos expedidos polas autoridades dos estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo. Todos os documentos deben entregarse coa súa correspondente tradución oficial ao castelán. |