|
Naceu en Grau (Ourense, 1910) Dende moi novo aproximouse á causa do galeguismo. Foi membro da Mocidade Galeguista de Ourense e de Bande. Tras a sublevación do 36, é perseguido e refúxiase na Lexión Estranxeira, e despois pasa ao bando republicano. Despois vai para Francia dende onde, e coa axuda de Castelao e Luís Soto, é evacuado para México no ano 1939. En novembro de 1945 recibiu a visita de Castelao sendo a derradeira vez que o veu. Neste país colaborou en distintas organizacións de axuda á República española. Tamén se dedicou a actividades culturais galeguistas colaborando coa revista "Saudade", o programa de radio "A Hora de Galicia" ou a revista "Vieiros". Tamén foi membro do Padroado da Cultura Galega fundado o 29 de xuño de 1953. En 1965 vai a Santiago de Compostela xunto con Inocencio Ferrer ao Congreso da Emigración Galega en calidade de delegados do Padroado. |