Manuel Manzanares
Empresario galego en Uruguai

Durante a I Guerra Mundial aricáronse á importación de produtos de almacén. En 1918 ao prohibirse as exportacións desde Europa, os Manzanares estabelecen como negocio a venda de aceites, empregando para elo o stock importado anteriormente. No ano 1927 o negocio ampliouse con catro sucursais, dependentes da casa central situada en Cerrito nº 376. Como consecuencia deste crecemento reclaman ao seu sobriño Manuel Manzanares quen con 15 anos chega a Montevideo.
No transcurso do período 1930-1935 Manzanares constitúese como "Sociedade Limitada Importadora de Vinos y Aceites" e no ano 1940 pasou a ser Sociedade Anónima e comezou a fabricar aceites.
A partir de 1941 a fabricación principal foi a de aceites propios e aínda que continua realizando importacións, cando estas se ven novamente impedidas polos efectos da 2ª Guerra Mundial a fabricación propia permítelle manter estable o volume de vendas. Ademais tamén incorporaban outros produtos como a fariña, fideos, herba mate e café importados do Brasil pero moídos por Manzanares.
En 1948 a rede de sucursais constaba de 32 comercios, número que actualmente foi superado. Dentro dos cadros de persoal da empresa, os galegos ocupaban un moi elevado porcentaxe do total.
Nos anos 70 Manzanares S.A. era dona dunha fábrica de aceites, outra de xabón e velas, un muíño herbatero e unha fidelería en Montevideo, ademais dun muíño de fariñas no Departamento de Florida.
Hoxe en día conta con 89 sucursais distribuídas na capital e o interior.
É, sen dúbida, a cadea de almacéns de maior relevancia no país dando traballo a galegos a non galegos, contribuíndo ao progreso do Uruguai.
ÁLBUM DA EMIGRACIÓN
O Álbum da Emigración recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América, así como as súas principales creacións. Unha achega á memoria da nosa emigración.
O ÁLBUM DA EMIGRACIÓN é un proxecto do Arquivo da Emigración Galega (contidos) e culturagalega.org (deseño)
Correo electrónico: aemigracion@consellodacultura.org
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985

Consello da Cultura Galega
OCUPACIÓN...
Empresarial / Prof. Liberais
