Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Bulgaria

¿A que persoas se aplica o Convenio?

  • Nacionais de cada un dos países firmantes que estén ou estiveran suxeitos á súa lexislación en materia de Seguridade Social en relación coas prestacións que expresamente se indican, así como cos membros das súas familias con independencia da súa nacionalidade.
  • Persoas que teñan a condición de refuxiados ou apátridas que, residan habitualmente no territorio dun dos dous países e que estén ou estiveran suxeitos á súa lexislación en materia de Seguridade Social en relación coas prestacións que expresamente se indican, así como cos membros das súas familias.
  • Membros da familia dun traballador que sexan nacionais dun dos dous países, calquera que sexa a nacionalidade do traballador, sempre que este estivera sometido á lexislación dun ou de ambos os dous países.

Prestacións incluidas no Convenio

Información xeral:

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do Sistema da Seguridade Social:

  • Prestacións por incapacidade temporal nos casos de enfermidade común e accidente non laboral.
  • Prestacións por maternidade e risco durante o embarazo.
  • Prestacións de incapacidade permanente, xubilación e supervivencia.
  • Subsidio por defunción.
  • Prestacions por desemprego.
  • Accidente de traballo e enfermidade profesional.

En relación coa República de Bulgaria:

Aplícase á lexislación de Seguridade Social relativa a:

  • Prestacións de incapacidade temporal e maternidade.
  • Pensións por periodos de seguro e idade e pensións de invalidez por enfermidade común.
  • Pensións por invalidez derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional.
  • Pensions hereditarias.
  • Axuda en caso de falecemento da persoa asegurada.
  • Prestacións por desemprego.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar, cando sexa necesario, os periodos de seguro cumpridos en España e na República Búlgara, sempre que non se superpoñan.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo, poderanse percibir con indenpendencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Bulgaria.
  • Non obstante, as prestacións por incapacidade temporal, maternidade e risco durante o embarazo non se abonarán cando o beneficiario resida no territorio doutro país, agás que o permita a lexislación do país en cuxa virtude houbera sido recoñecida.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario. Non obstante, dos primeiros pagos da pensión que se lle recoñeza, poderase descontar o importe correspondente a abonos das prestacións de igual natureza efectuadas en cantidade superior á debida pola Seguridade Social do outro país.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.

Prestacións

Incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, maternidade e risco durante o embarazo

As prestacións económicas derivadas de ditas continxencias serán concedidas pola Institución do país cuxa lexislación sexa aplicable ao traballador. Para o recoñecemento destas prestacións súmanse, se é necesario, os periodos de seguro de ambos os dous países, sempre que non se superpoñan.

Incapacidade permanente, xubilación e supervivencia

Cada país examinará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte:

  • Comprobarase se o interesado acada dereito á prestación tendo en conta únicamente os periodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.
  • Asemesmo, calcularase a prestación sumando aos periodos de seguro propios os acreditados no outro país (pensión teórica). Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos no país que a otorgue e a suma dos periodos de España e Bulgaria (pensión prorrata). Existe unha excepción para os supostos en que a duración total dos periodos de seguro acreditados nun dos dous países sexa inferior a un ano e que por si mesmos non den dereito a pensión nese país. Asumiranse como propios polo outro país, pero sen aplicar a cláusula "prorrata temporis".Se os periodos de seguro acreditados en cada un dos dous países non chega a un ano, estes sumaranse polo país no que o interesado reúna os requisitos para acceder á prestación. No suposto de que se teña dereito á mesma en ambos os dous países, dita prestación so se recoñecerá polo país en que o traballador acredite os últimos periodos de seguro. En ningún destes casos se aplicará para a liquidación da pensión a cláusula "prorrata temporis".
  • Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores, e, cada país recoñecerá e abonará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.

Para o recoñecemento e cálculo da pensión terase en conta:

  • A Institución que calcula a pensión considerará que o traballador está sometido á súa lexislación, se está asegurado no outro país ou recibe unha prestación dese país baseada nos seus propios periodos de seguro. Para o recoñecemento das pensións de supervivencia, terase en conta se o traballador estaba asegurado ou era pensionista do outro país.
  • Se para o recoñecemento dunha prestación se esixe que algúns periodos de seguro se teñan cumprido inmediatamente antes do feito causante das prestacións, este requisito considerarase tamén cumprido se o interesado os acredita no periodo inmediatamente anterior ao recoñecemento da prestación no outro país.
  • Se a lexislación dun dous países firmantes contén cláusulas de reducción, de suspensión ou de supresión da pensión para o caso de pensionistas que exerzan unha actividade laboral, estas seranlles aplicables aínda que efectúen dita actividade no outro país.
  • Se se tomaron periodos de seguro búlgaros, o cálculo da pensión española efectuarase segundo as bases de cotización reais acreditadas polo asegurado en España durante os anos que preceden inmediatamente ao pago da última cotización á Seguridade Social española. A cuantía así obtida, incrementarase segundo as revalorizacións establecidas anualmente para as pensións da mesma natureza.
  • Para acceder aos beneficios de determinados réximes especiais (por exemplo, traballadores do Mar, Minería do Carbón) so se terán en conta os periodos do outro país que se cumpriran en igual profesión ou emprego.

Accidente de traballo e enfermidade profesional

O dereito ás prestacións derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional determinarase polo país cuxa lexislación fora aplicable ao traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.

Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e búlgaras deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado, e terán eficacia nos dous países, se se alega na solicitude ou se deduce da documentación presentada o exercidio dunha actividade profesional no outro país.

Se o interesado ou os seus causahabientes residen nun terceiro país deberán dirixir a súa solicitude á Institución do país (España ou Bulgaria) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez.

 En España:

  • O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social), ou
  • As Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

 Na República de Bulgaria:

O Instituto Nacional de Seguros Sociais.

Outros datos de interese

  • Os periodos de seguro acreditados en calquera dos dous países, antes da data de entrada en vigor do Convenio, serán tomados en conta para a determinación do dereito das prestacións que se recoñezan ao amparo do mesmo.
  • No suposto de que se produzca unha superposición de periodos de seguro, que correspondan a periodos anteriores á entrada en vigor do Convenio, cada un dos países tomará en consideración os periodos acreditados na súa lexislación para determinar o dereito á prestación así como a súa cuantía.
  • A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da entrada en vigor, se ben, o abono das mesmas non se efectuará, en ningún caso, por periodos anteriores a dita data.
  • Os dereitos dos interesados, a quen antes da entrada en vigor do Convenio lles fora liquidada ou denegada unha prestación, serán revisados a petición dos mesmos. Non obstante, non ser revisarán as prestacións abonadas que consistiran un pago único.

Para máis información consulta o texto completo do Convenio:

El tipo mime del documento es: application/pdfConvenio bilateral entre España e Bulgaria [es]
INSTRUMENTO DE RATIFICACIN do Convenio de Seguridade Social entre o Reino de España e a República de Bulgaria, feito en Valencia o 13 de maio de 2002.