Acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior |
Nome do programaAxudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior. O obxecto deste programa é o acondicionamento e mellora das instalacións das bibliotecas existentes nas entidades galegas no exterior así como a dotación e/ou renovación dos seus fondos bibliográficos e demais actuacións que contribúan a mellorar as condicións nas que se atopan na actualidade. ResoluciónResolución do 29 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006 DestinatariosEntidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador. RequisitosDispoñer dunha biblioteca aberta ao público en xeral, con recursos humanos dabondo para a súa xestión e con máis de 2.500 títulos fichados no momento do remate do prazo de presentación das solicitudes. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia, do 4 de abril de 2006 Promovido porSecretaría Xeral de Emigración Prazo de presentaciónAta o 3 de xuño de 2006. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración. Tipo de axudaEconómica ObservaciónsA acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2006 Contacto
Ano: 2006Información adicional:Consultar a resolución. |
| Circular 1/2006 Normas de Xestión (Apoio infraestructural) | [gl] | |
| Normas de xestión para a tramitación de axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestructural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006. | ||
| Modelo de solicitude para imprimir | [gl] | |
| Modelo de solicitude para participar no programa "Acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior " | ||
| Resolución do 29 de marzo do 2006 (apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior) | [gl] | |
| Resolución do 29 de marzo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006. | ||
| Subvencións concedidas a entidades galegas nos programas de Apoio Infraestrutural | [gl] | |