Cursos preparatorios de lingua galega |
ProgramaA Secretaría Xeral de Emigración e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan, mediante esta resolución conxunta, cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e cursos de extensión cultural dirixidos ás entidades galegas do exterior e/ou outras entidades sen fins de lucro. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no artigo 21 que o Goberno galego fará uso dos recursos necesarios para que os galegos residentes no exterior poidan dispor de servizos culturais e lingüísticos no idioma propio de Galicia. Atención.- A Secretaría General de Emigración publica o listado dos `Cursos preparatorios de lingua galega concedidos para os niveis Celga e de Extensión Cultural´. Resolución:Resolución conxunta do 24 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. Nome do curso / modalidade:Las modalidades de los cursos convocados para el año 2008 son las siguientes:
Quen pode solicitalo:Poderán solicitar a realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como outras entidades sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Beneficiarios:Estes cursos van dirixidos, preferentemente, aos galegos residentes no exterior, aínda que poden participar tamén outras persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. Características dos cursos:O programa e contido dos cursos de lingua galega, preparatorios para as probas Celga, serán os regulados na Orde do 16 de xullo de 2007 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo. Non se expedirá ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia. Os cursos serán gratuítos para todos os participantes. Organizador:Secretaría Xeral de Emigración. Quen o imparte:Profesorado especializado. Colaboracións:Secretaría Xeral de Política Lingüística. Onde se imparte:En locais adecuados facilitados polas entidades galegas. Cando:Datas acordadas pola Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, tendo en conta as prefencias da entidade galega. Os cursos que se soliciten e impartan ao abeiro desta resolución rematarán antes do 1 de decembro de 2008 Ano2008 Prazas:Mínimo de vinte por curso, con carácter xeral. Prazo de presentaciónAta o 5 de xuño. Lugar de presentación:
Duración e horario:Todos os cursos terán unha duración de 75 horas e realizaranse, ordinariamente, con carácter intensivo (4 horas día). Custo:A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo dos seguintes custos:
As entidades galegas comprométense a facilitar as instalacións axeitadas para a realización do curso no lugar onde se desenvolva A Secretaría Xeral de Política Lingüística faise cargo das retribucións do profesorado. Contacto:
Observacións:Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio de lingua galega, os interesados terán que realizar as probas correspondentes que convoque a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se efectuarán en maio/xuño e/ou novembro/decembro de cada ano Información adicional:
|
| Resolución conxunta do 24 de abril de 2008 | [gl] | |
| Resolución conxunta do 24 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. | ||
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Cursos concedidos do programa `Cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de Extensión Cultural´ | [gl] | |
| Anexos | [gl] | |