Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Bolsa de emprego da Fundación Galicia Emigración

A Fundación Galicia Emigración mantén un servizo na Rede que o ano pasado publicou máis de 5.000 ofertas de emprego.

Para integrar laboralmente ós recén chegados á comunidade, a Fundación Galicia Emigración e a Secretaría Xeral de Emigración manteñen, desde finais do 2004, unha Bolsa de Traballo.

Esta Bolsa de Emprego articúlase mediante un proceso de intermediación entre todas aquelas empresas que buscan traballadores e as persoas que desexan acceder ó mercado laboral. Dende a Fundación Galicia Emigración lévase a cabo unha tarefa de selección dos candidatos máis idóneos para cubrir os postos de traballo ofrecidos polas empresas. Este servizo ten un custo totalmente gratuíto e para poder acceder a el é necesario contactar ca Fundación Galicia Emigración ou ben facelo directamente a través da páxina web. 

Dende o seu comezo publicáronse na páxina web máis de 5000 ofertas de emprego, das cales un 20% pertencían á area de vendas, un 13% do sector do comercio e un 10% da construcción. Actualmente case 2000 persoas e entidades están inscritas neste servizo e reciben puntualmente información das actividades que dende a Fundación se levan a cabo en materia de emprego.

Datos útiles:

Promove e xestiona:


Logo da Fundación Galicia Emigración


Outras ofertas de emprego

Aparte da Bolsa de Emprego que xestiona a Fundación Galicia Emigración, existen outras canles polas que se pode acceder a vacantes de traballo. Consulta as seguintes: