Programa de formación e desenvolvemento empresarial para a Galicia Exterior | ||
Tendo en conta o importante crecemento do retorno de emigrantes españois e os seus descendentes rexistrado nos últimos anos, así como o interese demostrado en levar adiante proxectos empresariais vinculados a Galicia desde o seu país de residencia, a Fundación Galicia Emigración, sobre a base dos seus coñecementos e experiencia neste ámbito, deseñou o Programa de Formación e Desenvolvemento Empresarial para a Galicia Exterior, dirixido aos emigrantes galegos e os seus familiares. Deste xeito, o Programa anticípase ás necesidades de información, formación e asesoramento que, sobre as características, condicións e oportunidades do mercado de traballo español en xeral, e galego en particular, requiren os emigrantes galegos e os seus descendentes interesados en iniciar actividades comerciais vinculadas a Galicia. Proporciona tamén, as ferramentas necesarias para a posta en marcha dun proxecto viable, de autoemprego ou de creación de empresa, a quen teñen a intención de retornar a Galicia, tendo en conta a capacidade emprendedora característica deste colectivo, así como, a experiencia adquirida no país no que residen. Obxectivos:
BeneficiariosEmigrantes galegos e os seus familiares (cónxuxe, fillos e/ou netos) con ideas emprendedoras nas seguintes vertentes:
Descrición:O Programa desenvólvese a través de clases teórico-prácticas e titorías individualizadas, proporcionando ao participante ferramentas de xestión empresarial, así como información detallada para o inicio de actividades empresariais en Galicia ou vinculadas á nosa Comunidade Autónoma. 1- Formación do emprendedor:En sesións conxuntas, os participantes reciben a formación necesaria para a xestión empresarial:
2. - Consultoría activa e individualizadaA través da consultoría activa e individualizada de cada unha das áreas impartidas, analízase a viabilidade do proxecto, e elabórase o Plan de Empresa, documento de suma utilidade para o promotor na súa calidade de guía de planificación empresarial, así como para a súa presentación ante entidades financeiras e programas de apoio, públicos e/ou privados, a emprendedores/as. 3. Seguimento e titorizaciónUnha vez finalizado o programa, o/a emprendedor/a enfróntase ao reto de poñer en marcha e consolidar o seu proxecto. Para iso, a Fundación Galicia Emigración, deseñou un proceso de seguimento e titorización de cada proxecto, facilitando información e asesoramento personalizado. O Programa desenvólvese a través de 4 semanas de clases teórico-prácticas e titorías individualizadas, proporcionando ao participante ferramentas de xestión empresarial, así como información detallada para o inicio de actividades empresariais en Galicia ou vinculadas á nosa Comunidade. Prazas:20 persoas por programa. Accións 2006Ao longo do 2006 levaranse a cabo 4 programas dirixidos ás comunidades galegas residentes en Iberoamérica e Europa. LocalidadeCaracas Lugar de realizaciónAsociación de Empresarios Galegos de Venezuela DestinatariosEmigrantes galegos e os seus familiares Data de realizaciónDo 2 ao 30 de outubro de 2006 Prazo de inscriciónAta o 29 de setembro de 2006 Información e Inscricións:
|
![]() | ![]() |
|---|

| Ficha de preinscripción | [es] | |
| Ficha de preinscripción para solictar o "Programa de Formación e Desenvolvemento Empresarial para a Galicia Exterior 2006" | ||