¿Que é CONVIVE +?:CONVIVE + é un proxecto do programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea que se encarga de deseñar novos métodos de promoción da igualdade de oportunidades no mercado de traballo. ¿Que persegue o proxecto CONVIVE +?O proxecto CONVIVE + persegue fomentar a creación de empresas de economía social entre as persoas emigrantes retornadas e inmigrantes que residen nas provincias da Coruña e Pontevedra. ¿Cal é o propósito das accións a desenvolver?O propósito principal do proxecto CONVIVE + é conxugar a experimentación de novos métodos de integración sociolaboral das colectividades migrantes co desenvolvemento social e económico de Galicia. As mellores prácticas resultantes serán transferidas ás políticas xerais das Administracións Públicas con competencias na materia. ¿Que actividades desenvolve a Secretaría xeral de Emigración dentro do proxecto?A Secretaría Xeral de Emigración participa na implementación de boa parte das accións contempladas no CONVIVE +, se ben é certo que a súa función máis destacable é a da xestión e coordinación xeral do proxecto. A Secretaría Xeral é a entidade designada como representante do CONVIVE + diante dos organismos oficiais da Unión Europea. ¿Onde se desenvolveran os programas?As diferentes accións inscritas no proxecto desenvolveranse en cidades e vilas das provincias da Coruña e Pontevedra, por tratarse dos territorios cunha maior presenza total e relativa das colectividades migrantes en Galicia. ¿Con que orzamento conta o proxecto?A candidatura ven de merecer a aprobación dos avaliadores da UE. O custo total do proxecto é de 1.346.397,00 €, dos que un 75% (1.009.797,75 €) serán cofinanciados a cargo do Fondo Social Europeo. ¿Que entidades participan no proxecto?
Máis informaciónSituación actual |