Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes 2008

A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o exercicio 2008. O obxecto regular, para o exercicio 2008, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.

Nome do programa:

Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o exercicio 2008.

Resolución:

Resolución do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2008.

Destinatarios:

Asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia, inscritos como asociacións sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.

Convocatoria:

Diario Oficial de Galicia nº 64, do 3 de abril de 2008

Promovido por:

Secretaría Xeral de Emigración.

Prazo de presentación:

Ata o 5 de maio de 2008.

Tipo de axuda:

Poderán subvencionarse con cargo a esta convocatoria os gastos correntes, (excluídos os gastos de persoal da propia asociación), e de equipamento, derivados do funcionamento das entidades, así como para a realización de actividades propias da asociación na Comunidade Autónoma galega correspondentes ao exercicio económico do ano 2008.

Contacto:
  • Nos teléfonos da Secretaría Xeral de Emigración: 981547267, 981547274 e 981547272.
  • E no enderezo da mesma: rúa Basquiños, 2; 15704-Santiago de Compostela.
Ano: 2008
Información adicional:
  • Resolución de convocatoria en formato pdf.
  • Modelo de solicitude en formato pdf.
  • Guía do cidadán

El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 12 de marzo de 2008 [gl]
Resolución do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2008.
El tipo mime del documento es: application/pdfModelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfDíptico Informativo [gl]
Díptico informativo dás axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para ou ano 2008
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]