Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Voto dos residentes no exterior nas eleccións autonómicas

Quen pode votar

Poden votar dende o estranxeiro nas eleccións autonómicas, todas e todos os españois maiores de 18 anos inscritos previamente no censo electoral de residentes ausentes, inscritos a efectos electorais nalgún concello da Comunidade Autónoma Galega.

Como exercer o dereito ao voto

  1. Para votar nas Eleccións ao Parlamento de Galicia, a Oficina do Censo Electoral remite de oficio a todas e todos os residentes ausentes que vivan no estranxeiro, inscritos nalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, a documentación necesaria para que poidan votar por correo, sen que sexa necesario que a soliciten os interesados. Esta documentación é: • o certificado de inscrición no C.E.R.A. (Censo electoral de españois residentes no estranxeiro), as papeletas e os sobres de votación.
    • un sobre no que debe figurar a dirección da Xunta Electoral Provincial.
    • unha nota informativa e un talón para encher polo elector para o reintegro dos gastos de franqueo orixinados polo envío do sobre contendo o seu voto.
  2. Dito envío debe realizarse por correo certificado e non máis tarde do trixésimo cuarto día posterior á convocatoria, naquelas provincias onde non fora impugnada a proclamación de candidatos, e nas restantes, non máis tarde do cuadraxésimo segundo.
  3. A papeleta de voto escollida polo elector, será introducida no sobre de votación e despois pecharase. O sobre dirixido á Mesa Electoral conterá o sobre de votación e o certificado de inscrición no censo. Para o envío do sobre, existen dúas posibilidades:

    a) Por correo certificado: antes do primeiro día previo ao da celebración das eleccións. Este sobre non necesita franqueo. Para a validez dos votos, é indispensable que conste claramente no sobre antedito, un selo, ou ben outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado en cuestión.

    b) A través do consulado: Entregar persoalmente o sobre, non máis tarde do sétimo día anterior á elección, na Oficina Consular de Carreira ou Sección consular da Misión Diplomática na que estean inscritos para a súa remisión a España. Deben asegurarse que conste claramente no sobre un selo ou inscrición que certifique o cumprimento do requisito temporal. Neste caso, o sobre de votación trasládase a España en valixa diplomática. Os electores deberán identificarse co seu pasaporte ou D.N.I en vigor ante o funcionario que reciba a documentación quen lle estenderá o recibo correspondente.
  4. O servizo de Correos de España, conservará ata o día da votación toda a correspondencia dirixida ás Mesas Electorais e a trasladará a ditas Mesas ás nove da mañá. Así mesmo seguirá dando traslado da que poida recibirse nese día ata as vinte horas do mesmo. O servizo de Correos de España, levará un rexistro de toda a documentación recibida, que estará a disposición das Xuntas Electorais. Os sobres recibidos despois das vinte horas do día fixado para a votación remitiranse á Xunta Electoral da Zona.

Voltar