¿A que persoas se aplica o Convenio?
Aos españois e rusos que traballen ou tiveran traballado nun ou en ambos os dous países e aos membros da súa famlia.
¿Que prestacións se inclúen no Convenio?
Información xeral
O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:
En relación con España:
Ás seguintes prestacións do sistema da Seguridade Social:
- Prestacións por incapacidade temporal e maternidade.
- Prestacións por incapacidade permanente, xubilación e supervivencia.
- Prestacións por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
- Prestacións familiares.
En relación coa Federación de Rusia:
Ás seguintes prestacións da Seguridade Social:.
- Prestación por incapacidade laboral transitoria, embarazo e parto, natalidade, coidado do neno e subsidio por defunción.
- Prestacións por xubilación, invalidez e supervivencia.
- Prestacións sociais.
- Prestacións familiares e maternidade.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
- Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio, pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e en Rusia.
- As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Rusia.
- Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.
Incapacidade temporal, Maternidade ou Coidado do neno
Para o recoñecemento destas prestacións súmanse, se é necesario, os periodos de seguro ou de traballo acreditados en ambos os dous países.
Invalidez, Vellez e Supervivencia
A Institución competente de cada país determinará o dereito a pensión do interesado sumando os periodos de seguro ou traballo propios os acreditados no outro país, e pagará a parte de pensión que lle corresponda, segundo a proporción existente entre os periodos de seguro ou traballo cumpridos no país que a otorgue e a suma dos periodos de España e a Federación de Rusia.
Non obstante, a petición expresa do interesaso, concederáselle o dereito de elección entre a prestación que lle corresponda sumando periodos de seguro ou traballo e á que pudera ter dereito en cada país computando únicamente os periodos de seguro ou traballo propios.
Atención:
Existe unha disposición específica para as persoas de orixe española que, como consecuencia da guerra civil española, sendo menores de idade, foron desprazados ao territorio da ex-URSS, así como aos profesores ou coidadores que lles acompañaron, aos que, para o recoñecemento de pensións españolas, se lles considera acreditado un ano de cotizacións á Seguridade Social española.
Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional
A prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e rusas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado.
En España:
- O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- As Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.
Na Federación de Rusia:
- O Fondo de Pensións da Federación de Rusia
Atención :
Se o interesado reside nun terceiro Estado deberá dirixir a súa solicitude á Institución do outro país (España ou a Federación de Rusia) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez.
Outros datos de interese
- As prestacións que foran concedidas por un ou ambos os dous países, antes da entrada en vigor do Convenio, serán revisadas, a petición dos interesados, ao amparo do mesmo.
- A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacióins por feitos ocurridos con anterioridade á data de entrada en vigor, se ben o abono das mesmas non se efectuará por periodos anteriores a dita data.
Para máis información consulta o texto completo do convenio: |