Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior

Axudas para a subscrición a publicacións, xornais e revistas de carácter periódico

Nome do programa

Programa 7 . Axudas para a subscrición a publicacións, xornais e revistas de carácter periódico.

O presente programa ten por obxecto a concesión de axudas ás entidades e centros galegos no exterior para a subscrición a publicacións, xornais e revistas de carácter periódico durante o ano 2008, que contribúan a lles subministrar información aos galegos residentes no exterior.

Resolución

Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008

Destinatarios

Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia nº 47, do 6 de marzo de 2008.

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración.

Prazo de presentación

Ata o 21 de abril de 2008. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Observacións

A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2008.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Rúa Basquiños nº 2. C.P.: 15704
    Santiago de Compostela - A Coruña
Ano: 2008
Información adicional:

Consultar a resolución.

Guía do Cidadán



El tipo mime del documento es: application/pdfNotas importantes [gl]
Notas baseadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
El tipo mime del documento es: application/pdfGuía para a presentación de solicitudes de subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior [gl]
Subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior para diversos programas de actuación
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
Todos os anexos da Resolución
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 25 de febreiro de 2008 [gl]
Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.