Vivenda |
|
Os emigrantes retornados, de igual xeito que o resto dos galegos, poden acceder a vivendas enmarcadas nun réxime especial de protección. Así, a Xunta de Galicia (e o Estado) ofrecen as seguintes posibilidades: a. Vivendas de promoción pública
Os emigrantes galegos residentes no estranxeiro ou os que teñan retornado no prazo de 2 anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria do procedemento de adxudicación de vivendas, que acrediten, en ambos casos, a condición de emigrantes por un tempo non inferior a 5 anos, poderán solicitar vivendas de promoción pública. As vivendas de promoción pública son vivendas promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Vivenda e Solo para atender as necesidades de familias con escasos recursos económicos. Poden ser de 2 tipos:
A adxudicación destas vivendas poderase facer en propiedade ou en arrendamento. Prezos de vendaOscilarán entre o 50 e o 70 % do seu valor, no caso das vivendas de protección oficial de promoción pública e entre o 60 e o 100 % do valor da vivenda e dos anexos no caso das vivendas cualificadas en núcleos rurais e en núcleos históricos, dependendo sempre dos ingresos económicos do solicitante. Requisitos
Adxudicación das vivendasCorresponde ás Comisións Provinciais de Vivenda e as solicitudes haberá que presentalas, no prazo que se fixe, con carácter xeral nos concellos correspondentes. Non obstante, os emigrantes aínda non retornados poden presentalas nas representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.
b. Vivendas con protección pública
As Administracións Estatal e Autonómica teñen establecida unha serie de axudas económicas para posibilitar a adquisición (ou a construcción da propia vivenda) de vivendas de nova construcción declaradas protexidas pola Delegación Provincial correspondente da Consellería de Vivenda e Solo ou de vivendas xa existentes, ben sexan libres ou suxeitas a algún réxime de protección en segunda ou posterior transmisión. Estas axudas van dirixidas a adquirentes con ingresos ponderados de ata 5,5 veces o SMI, aínda que prioritariamente concéntranse en aqueles que accedendo por primeira vez á propiedade dunha vivenda, non superan 3,5 veces o dito salario mínimo, son familias numerosas, emigrantes, xoves de ata 35 anos ou familias con algún membro con minusvalía ou da terceira idade. Estas vivendas deberán destinarse unicamente a domicilio habitual e permanente do propietario. Tipos de axudas
|