Xaime Isla Couto |
![]() Nace en Santiago en 1915. De pequeno trasládase a Vigo onde realizará a maior parte da súa carreira. En 1950 con outro grupo de intelectuais galegos funda a editorial Galaxia. Desde sempre, caracterizouse por transmitir os seus coñecementos á xente máis nova. Coopera en numerosas iniciativas como as Mocidades Galeguistas de Vigo, a Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, as revistas Grial e Economía de Galicia. É membro da Real Academia Galega e foi galardoado coa medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia. |