Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior

Financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior

Nome do programa

Programa 5 . Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para contribuír ao financiamento dos gastos correntes ou de funcionamento de carácter periódico en que incorran os centros e entidades galegas existentes fóra de Galicia e que resulten necesarios para o mantemento da súa actividade ordinaria.

Resolución

Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.

Destinatarios

Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia nº47, do 6 de marzo de 2008.

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración.

Prazo de presentación

Ata o 21 de abril de 2008. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Finalidade das axudas.
  • Arrendamento de inmobles que se utilicen, en todo caso, como sede habitual e permanente das entidades galegas solicitantes, sempre que a entidade non dispoña de locais ou instalacións en propiedade susceptibles de ser utilizados como sede habitual e permanente.
  • Outros gastos correntes que soporte a entidade, como son os derivados da adquisición de subministracións non inventariables (material de oficina, prensa, revistas ou material informático non inventariable), comunicacións telefónicas, luz e outros gastos de carácter similar.
  • Gastos de desprazamento dos representantes legais das entidades e centros galegos no exterior con motivo das reunións e sesións de traballo convocadas oficialmente pola Secretaría Xeral de Emigración.
Prazo de execución e xustificación

A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2008.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Rúa Basquiños nº 2. C.P.: 15704
    Santiago de Compostela - A Coruña
Ano

2008

Información adicional:

Consultar a resolución.

Guía do Cidadán



El tipo mime del documento es: application/pdfNotas importantes [gl]
Notas baseadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
El tipo mime del documento es: application/pdfGuía para a presentación de solicitudes de subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior [gl]
Subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior para diversos programas de actuación
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
Todos os anexos da Resolución
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 25 de febreiro de 2008 [gl]
Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.