Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Vivenda

Plan de Vivenda 2002-2005 (Instituto Galego de Vivenda e Solo)


O Plan de Vivenda 2002-2005 contempla a problemática dos emigrantes galegos retornados que se atopen nunha situación de especial necesidade.

O artigo 20 do Decreto 199/2002, do 6 de xuño, establece a posibilidade de optar a unha subvención do 25 % do custo da vivenda cun máximo de 16.500 € para os emigrantes galegos retornados nos dous anos anteriores no momento da solicitude -solicitude que se debe presentar ante o IGVS- que se atopen en especial situación de necesidade.

Esta situación acreditarase, segundo indica o decreto, mediante un informe que debe emitir a Secretaría xeral de Emigración.

Para que dende a secretaría xeral se poida emitir este informe é necesario que os interesados remitan:

  • Solicitude de emisión do informe na que consten todos os datos persoais do solicitante.
  • Copia compulsada do DNI.
  • Copia compulsada da solicitude de adquisición de vivenda protexida presentada no organismo correspondente.
  • Documentación acreditativa compulsada da data do retorno (baixa consular, certificado de emigrante retornado).
Normativa:

Decreto 199/2002, do 6 de xuño, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, para o período 2002-2005.

Información adicional:

Catálogo de axudas para vivenda.