Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Túnez

¿A que persoas se aplica o Convenio?

Aos españois e tunecinos que traballen ou tiveran traballado en ambos os dous países e aos seus familiares e superviventes.

Asemade aplícase aos que teñan a condición de refuxiados e aos apátridas que residan habitualmente nun dos dous países, así como aos membros das súas familias e superviventes.

¿Que prestacións se inclúen no Convenio?

Información xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do sistema da Seguridade Social:

  • Asistencia sanitaria por maternidade, enfermidade común ou profesional e accidente, sexa ou non de traballo.
  • Prestacións económicas por incapacidade temporal en casos de enfermidade común e accidente non laboral.
  • Prestacións económicas por maternidade.
  • Prestacións por incapacidade permanente, xubilación, morte e supervivencia.
  • Prestacións económicas derivadas de accidente de traballo e enfermidades profesionais.
  • Prestacións familiares por fillos a cargo.

En relación con Túnez:

Ás lexislacións da Seguridade Social de carácter contributivo aplicables aos traballadores asalariados, non asalariados ou asimilados concerniente a:

  • As prestacións dos Seguros Sociais (enfermidade, maternidade e morte)
  • A reparación dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
  • As prestacións do Seguro de invalidez, vellez e supervivencia.
  • As prestacións familiares.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e en Túnez.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Túnez.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.

Asistencia sanitaria

A asistencia sanitaria recoñécea o país no que esté asegurado o traballador ou que abone a pensión, e de acordo á súa lexislación nacional.

Normalmente préstaa o país que a recoñece, pero tamén poden recibila cando se despracen ou residan no outro país nos casos seguintes:

  • Traballadores asegurados nun país así como os seus familiares, que se despracen temporalmente ao seu país de orixe por vacacións retribuidas ou ausencias autorizadas e que precisen de forma inmediata a asistencia sanitaria.
  • Traballadores enfermos asegurados nun país que sexan autorizados a trasladarse ao outro país.
  • Pensionistas dun país e os seus familiares que se atopen ou residan no outro país. Durante a estancia temporal so teñen dereito a prestacións por necesidade inmediata.
  • Familiares do traballador que residan no outro país. As prestacións sanitarias sírvense no país onde se atope o beneficiario, e segundo o establecido na lexislación sanitaria e nos Servizos Públicos de Saúde dese país, durante o tempo que autorice a Institución do país onde o traballador esté afiliado ou que abone a pensión.

Incapacidade temporal e Maternidade

Para o recoñecemento destas prestacións súmanse, se é necesario, os períodos de seguro de ambos os dous países.

Invalidez, Vellez e Supervivencia

Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:

  • A Institución competente de cada país determinará se o interesado acada dereito á pensión tendo en conta unicamente os períodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.
  • Asemesmo, dita Institución determinará o dereito a pensión sumando aos períodos de seguro propios os acreditados no outro país. Neste suposto, o importe da pensión non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos no país que a outorgue e a suma dos períodos de España e Túnez.
  • Unha vez determinados os dereitos do interesado segundo o indicado nos apartados anteriores, a Institución competente de cada país recoñecerá e abonará a pensión que sexa máis favorable ao interesado.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

A prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador no momento de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.

Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e tunecinas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado.

En España:

  • Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
  • as Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña cando se trate de traballadores incluídos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.

En Túnez:

  • Caisse Nationale de Sécurité Sociale.
Atención:
Se o interesado ou os seus causantes residen no territorio dun terceiro Estado, deberá dirixir a súa solicitude á Institución do país (España o Túnez) baixo cuxa lexislación aquél estivo asegurado por última vez.

Outros datos de interese

A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben o abono das mesmas non se efectuará en ningún caso por períodos anteriores a dita data.


Para máis información consulta o texto completo do convenio:


El tipo mime del documento es: application/pdfConvenio bilateral entre España e Túnez [es]
CONVENIO de Seguridade Social entre o Reino de España e a República de Túnez, feito en Túnez o 26 de febreiro de 2001.